GALICIA
Renovación dos uniformes dos máis de 130 axentes medioambientais
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta semana no acto de entrega simbólico dos 6 primeiros lotes de roupa a outros tantos funcionarios
A Xunta de Galicia renovará os uniformes dos máis de 130 axentes medioambientais adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que recibirán un lote individual integrado por un total de 19 prendas, tanto de verán como de inverno.
En concreto, nos vindeiros días entregaráselle a cada funcionario un anorak, unha chaqueta de softshell, un forro térmico e un cubrepantalón, ademais de dous xerseis, unha chaqueta de verán, tres conxuntos integrados por un polo de verán e outro de inverno, e tres pantalóns para cada unha das estacións.
Durante un acto de entrega simbólico celebrado esta semana en Santiago e que contou coa participación de seis axentes e dos xefes territoriais da Coruña, Lugo e Ourense, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que, deste xeito, se completa a renovación do vestiario iniciada o ano pasado, cando todos os efectivos adscritos ao departamento autonómico recibiron un novo par de botas.
Nesta liña, a responsable autonómica subliñou a importancia de garantir aos axentes medioambientais unha uniformidade homoxénea e renovada, xa que é a que permite identificar a simple vista a un colectivo “clave” para a Comunidade. Así, destacou o “labor decisivo” que realizan no seu día a día como “garantes” da biodiversidade e do patrimonio natural que constitúen o sinal de identidade da Galicia verde.
En total, o departamento autonómico destinou preto de 210.000 euros á adquisición de 139 lotes de roupa e calzado, que servirán para renovar a uniformidade de verán e de inverno de todo o persoal que actualmente integra este corpo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217