Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Sábado, 04 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Os tres concellos do Val Miñor celebrarán o 5 de xuño a 'Festa da Bicicleta' conxunta

A 32 edición, que se festexa cada 17 de Maio, tivo que ser aprazada pola previsión de choiva. O evento mantense iguel e recupera o formato habitual pre-pandemia, finalizando a marcha en Nigrán ao corresponderlle este ano a organización

Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos finalmente este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional 'Festa da Bicicleta' que sempre reúne a centos de persoas e que non se puido celebrar no seu día, o 17 de Maio, ante a previsión de choiva. O evento permanece igual a como se expuxera inicialmente. Así, esta 32 edición recuperará o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente. Nesta ocasión a marcha finalizará en Panxón ao corresponderlle a quenda da organización a Nigrán, quen contará con 'Discamino' como entidade invitada para abrir a súa marcha coas bicicletas adaptadas do consistorio. O obxectivo, un ano máis, é que sexa unha xornada festiva en toda a comarca para vivir con familia e amizades ao tempo que se promove o deporte e a socialización como hábitos saudables.

 

 

 

 

As inscricións realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación. Os tres grupos encontraranse na Ramallosa para ir xuntos cara a Panxón, onde rematará co sorteo de agasallos 

 

 

 

 

[Img #76188]As inscricións e entrega de dorsais realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación co único requirimento de ser maior de 7 anos, contar con bicicleta propia e levar casco. Así, en Nigrán partirán ás 10:00 horas desde o Pavillón (rúa ), en Gondomar ás 10:45 horas na Praza Paradela e, en Baiona, tamén ás 10:45 horas desde a entrada do Parador. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes e responsabilidade civil.

 

A marcha de Nigrán acudirá a 'recoller' á de Gondomar percorrendo a estrada da costa (PO-325) para despois coincidir na rotonda da Ramallosa ca de Baiona e, desde alí, pedalear as tres xuntas tamén pola costa cara ao Pavillón de Panxón, onde rematará con sorteo de agasallos e avituallamento. Cada concello achegará unha bicicleta e 20 cascos para sortear entre os seus respectivos participantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.