BAIONA
A Xunta adxudica as obras para minimizar o risco de inudacións na contorna de Sabarís
Acometeranse as actuacións necesarias para a mellora da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena, situados nas proximidades da desembocadura do río Groba e identificados como de risco potencial significativo de asolagamento
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por un importe de 476.390 € a execución das obras para minimizar o risco de inundacións no camiño das Monxas e no camiño Pouquena, no lugar de Sabarís, no concello de Baiona.
Este contrato, adxudicado á empresa Petrolam Infraestructuras, S.L., conta cun prazo de execución de 5 meses e céntrase na mellora da drenaxe nestes dous viarios situados nas proximidades da desembocadura do río Groba e identificados como de risco potencial significativo de asolagamento.
A actuación desenvólvese no marco do convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello de Baiona, polo que Augas de Galicia asume o financiamento das actuacións e a execución das obras, e a entidade local os trámites necesarios para o inicio dos traballos e a conservación das actuacións.
As obras estarán cofinanciadas con fondos europeos FEDER 2014/2020.
As actuacións contratadas
Os camiños das Monxas e Pouquena son dous viarios situados nas proximidades da desembocadura do río Groba que presentan un historial de frecuentes inundacións. A deficiente rede de drenaxe de pluviais existente na zona, que desemboca na Foz de Miñor, vese habitualmente superada durante os episodios de choivas, anegándose os viarios e as construcións lindeiras, véndose este feito agravado cando as precipitacións abundantes coinciden, ademais, coa preamar.
As intervencións deseñadas pola entidade hidráulica da Xunta buscan minimizar os asolagamentos nesta entorna e están recollidas no Plan de xestión específico realizado na área de risco potencial significativo de inundacións do río Groba. No citado Plan Augas de Galicia contemplou as distintas opcións para o desenvolvemento de intervencións que contribúan a minimizar o risco de inundación.
Os traballos obxecto deste contrato consisten na reforma da rede de pluviais existente a través da execución de 4 colectores, o que permitirá mellorar a súa capacidade de desaugue nas condicións máis desfavorables, coa coincidencia da preamar con fortes precipitacións.
Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación
Augas de Galicia redacta e revisa cada seis anos a avaliación preliminar do risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. O Consello da Xunta autorizou o pasado día 25 o acordo de aprobación do o Plan de xestión do risco de inundación da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, dotado dun orzamento de case 110 millóns de euros e que recolle 74 actuacións concretas ata 2027 para reducir o risco de asolagamentos. Este documento será remitido agora ao Goberno de España para a súa aprobación polo Consello de Ministros e a súa posterior entrada en vigor.
En paralelo, Augas de Galicia está a desenvolver os plans específicos de xestión en 9 zonas fluviais con maior risco de inundacións. Trátase das contornas do río Umia, en Caldas de Reis e Portas; Ulla-Sar, en Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; o Anllóns, en Carballo; Campeda, en Vimianzo; Fontecova e Trasposta, en Viveiro; Bahíña e o propio Groba, en Baiona; así como no Lagares, en Vigo.
Estes plans recollen medidas e actuacións paliativas e preventivas de aplicación polas distintas administracións, Xunta e Concellos, para minimizar o risco de enchentes.
O departamento que preside Ethel Vázquez segue apostando pola colaboración entre as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte ao risco de inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217