Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 03 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Volve o Concurso de Solistas da Escola de Música de Xinzo

Este vindeiro sábado 4 de xuño terá lugar o IV Concurso de Solistas da Escola de Música de Xinzo (ESMU) no auditorio do Centro Cultural da parroquia. Tras anos consecutivos celebrando con éxito esta cita, os músicos da ESMU volverán subirse ao escenario a partir das 17:00h da tarde para interpretar a obra da súa elección coa que deleitar tanto ao público como ao xurado, este último encargado de proclamar aos gañadores.


Os participantes, xa inscritos previamente, dividiranse en tres categorías diferentes —A, B y C, dependendo do nivel de cada músico. Na categoría A agrúpanse aqueles matriculados en primeiro, segundo ou terceiro nivel elemental; na B, os de cuarto nivel elemental e os de nivel  complementario que non cumprisen aínda os 18 anos; e na categoría C, alumnos de nivel complementario que excedan a maioría de idade.


No que respecta aos premios, tan só os participantes da categoría A serán todos recompensados con agasallos.

Pola contra, os das categorías B e C recibirán unha axuda económica para a compra de material —30€, 40€ ou 50€ dependendo do posto conseguido—. Ademais, o gañador do primeiro premio terá a oportunidade de participar como solista nun dos concertos da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.


O xurado do concurso estará formado por Javier Blanco, director da Banda de Música de Xinzo, e Branca Represas e Manuel Cima, ambos músicos veteranos desta agrupación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.