MOS
Importante mellora en Peinador con soterramento da liña de media tensión
Alcaldesa e tenente alcalde deron hoxe a boa nova do inminente inicio dos traballos. Procederase a soterrar as torres e liñas eléctricas simultánemente ás obras no vial
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto informaron hoxe da boa nova do inminente soterramento de varias columnas de media tensión en Peinador, coincidindo coas obras de mellora da Estrada da Vía (que será optimizada con cargo ao Plan Concellos da Deputación en todo o seu trazado: lonxitude total de 3,5 quilómetros que transcorren polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso).
O Concello de Mos cursou solicitude de soterramento das mesma a Fenosa facéndose eco da demanda veciñal, dado o que estas infraestuturas supoñen, tanto estética como medioambientalmente.
Tras o procedemento previo necesario a tal fin, a eléctrica respostou afirmativamente á administración local, tras o que presentou solicitude de licenza urbanística para acometer os traballos. Permiso municipal co que xa conta.
Polo tanto agora, aproveitando que en breve comeza a obra de mellora da Estrada da Vía, iniciaranse os labores de soterramento, simultáneamente e de xeito coordinado. Deste xeito lograrase unha optimización integral dunha das principais zonas urbanas de Mos e dáse resposta á solicitude dos veciños de Peinador, cos que a rexedora local mosense adquirira o firme compromiso de soterrar estas liñas.
UFD, empresa distribuidora de enerxía eléctrica, co obxecto de realizar obras de regulamentación na liña de distribución eléctrica en media tensión, redactou o proxecto de construción das seguintes instalacións: liñas eléctricas aéreas ata 20 kv e liñas eléctricas subterráneas ata 20 kv.
As liñas eléctricas aéreas proxéctanse debido á existencia dun defecto de distancia dos condutores ao terreo insuficiente no van anterior ao apoio e, ao non poder realizar un recrecido do apoio (por mor da servidume aeronáutica do aeroporto de Vigo), proxéctase un soterramento do tramo de liña, permitindo o desmonte do dobre circuíto entre eles.
Como consecuencia disto, desmóntanse 7 apoios e substitúese 1, co fin de soportar as novas solicitacións mecánicas da liña. Desde un dos apoios partirá a liña subterránea, se retensará o van entre este novo apoio e o anterior.
As liñas eléctricas subterráneas ata 20 kv desenvolveranse nun novo tramo, en dobre circuíto. A lonxitude total de liña de Media Tensión subterránea proxectada é de 1.526 metros, que discorrerá por nova canalización dentro dunha gabia de 0,4x1,4 metros de profundidade con 4 tubos de polietileno de alta densidade 160mm de diámetro.
O tramo entre o apoio e a primeira arqueta discorrerá por canalización existente. A lonxitude total da canalización proxectada é de 711 metros, con reposición do pavimento actual, o cruzamento coa EP-2603 realizarase con perforación dirixida. Este novo tramo subterráneo irá desde o paso aéreo subterráneo instalado no apoio proxectado en substitución ao existente, aproveitando a cela libre. As instalacións obxecto deste proxecto transcorren pola Estrada da Vía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184