Sábado, 09 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 22:16:27 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O socialismo pontevedrés celebra os catro anos de Goberno do PSOE en España

David Regades calcula en 39 millóns de euros o impacto acumulado na masa salarial provincial pola suba do SMI

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra tira de datos para medir os efectos dos catro anos de goberno de Pedro Sánchez e o PSOE en España. “Foron anos de traballo duro en condicións moi difíciles, cunha Guerra en Ucrania, unha pandemia de dous anos, a erupción dun volcán e unha crise mundial de materiais e de inflación, pero, aínda así, hai datos claros que demostran que as cousas que se fixeron para mellorar a vida da xente funcionaron”, afirmou David Regades nun acto no que estivo acompañado da deputada Olga Alonso, o deputado Guillermo Meijón e a senadora María Adrio.


Regades retrocedeu a maio de 2018, cando o desemprego na provincia estaba en 69.182 persoas para destacar que hoxe está en 57.495 persoas, “o que significa que case 12.000 pontevedresas/as que antes non atopaban traballo, agora están traballando”. “Unha redución do 17% que parece molestar moito a Feijoo”. Ademais incidiu na calidade do emprego que se deriva da Reforma Laboral, pois estanse a asinar un 16% máis de contratos indefinidos que en tempos de Rajoy. “A xente que antes encadeaba contratos precarios agora goza de emprego estable”, subliñou.


O secretario xeral pontevedrés referiuse á suba do Salario Mínimo Interprofesional dende os 735 euros aos 1.000 euros dende o pasado 1 de xaneiro. Unha medida que beneficiou a 29.380 persoas na provincia de Pontevedra das que a maioría (case 18.000) son mulleres. Facendo cálculos apuntou que o impacto acumulado desta suba do SMI supón xa 39 millóns de euros na masa salarial da provincia, a un ritmo de máis de 7 millóns de euros ao mes. “Unha suba que impacta especialmente nas mulleres, así que podemos dicir que foi unha medida que contribúe á igualdade”.

 

 

 

 

“Hai case 12.000 persoas que co PP non atopaban traballo e agora están traballando. Hai moita xente que antes encadeaba contratos precarios e hoxe ten emprego estable gracias á Reforma Laboral”

 

 

 


En canto á suba das pensións co IPC lembrou Regades que se perciben máis de 245.000 pensións na nosa provincia e que agora o importe medio das pensións alcanza os 1.005 euros “mentres que con Rajoy recibían unha carta que custaba máis que a suba dun euro ao mes que se lles anunciaba”. Ademais, saudou a nova suba do 15% nas pensións non contributivas, que vai beneficiar a outras 13.590 persoas da nosa provincia.


Regades tamén falou dos 18.000 estudantes da provincia que se benefician da maior ampliación de becas da historia, dos 95.000 mozos/as da provincia de entre 18 e 35 anos que gozan agora do bono alugueiro do Plan Estatal Vivenda 2022-25, dos 9.000 mozos/as pontevedreses/as disporán do bono cultural xoven, das 13.000 persoas que xa teñen concedido o Ingreso Mínimo Vital, das 35.000 familias da provincia que reciben o bono social enerxético, das 25.000 persoas dependentes que ven como agora si se incrementan as partidas nacionais para o Sistema Nacional de Dependencia (ao que Rajoy “furtou” 2.000 millóns de euros en 8 anos) e das 4.700 redeiras de toda Galicia que viron estes días cumprida a súa demanda histórica de adiantar a idade de xubilación en atención á penosidade do seu traballo.


“Todo isto son datos que miden a mellora da calidade de vida de moita xente nun momento complicado da nosa historia, datos que falan por si mesmos, sen ruído”, remarcou o secretario xeral das/os socialistas da provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.