PONTEAREAS
Ponteareas honrará a 19 alfombristas coa medalla de prata
Galardonados no ano 19
O Concello aprobou por unanimidade a concesión dos galardóns ás persoas propostas polas entidades de cada tramo
Ponteareas continúa preparando todo para un Corpus Christi que volve á normalidade. A apenas dúas semanas da celebración máis grande da vila, o Concello aprobou por unanimidade en pleno a concesión das medallas de prata do Corpus 2022 ás e aos alfombristas propostos polas entidades de cada tramo así como a entrega da medalla de honra in memorian a María de la Concepción Ojea Sarmiento polo seu labor a prol do corpus ponteareán ao longo da súa vida. Un galardón que reflicte “un sentir común e o esforzo de todas e todos os alfombristas, que coa súa unión conseguen que a maior obra de arte colectiva da nosa vila engalane as nosas rúas cada ano”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
Pola súa banda, o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, deu os parabéns a todas e todos os premiados e agradeceu “todo ese traballo que fan desinteresadamente porque grazas ao seu esforzo, á súa paixón e á súa entrega é posible que ano tras ano as alfombras florais de Ponteareas sigan namorando a todo o mundo con esa gran mostra de arte efémera”.
Galardonados no ano 19Ponteareas continúa preparando todo para un Corpus Christi que volve á normalidade. A apenas dúas semanas da celebración máis grande da vila, o Concello aprobou por unanimidade en pleno a concesión das medallas de prata do Corpus 2022 ás e aos alfombristas propostos polas entidades de cada tramo así como a entrega da medalla de honra in memorian a María de la Concepción Ojea Sarmiento polo seu labor a prol do corpus ponteareán ao longo da súa vida. Un galardón que reflicte “un sentir común e o esforzo de todas e todos os alfombristas, que coa súa unión conseguen que a maior obra de arte colectiva da nosa vila engalane as nosas rúas cada ano”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
Pola súa banda, o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, deu os parabéns a todas e todos os premiados e agradeceu “todo ese traballo que fan desinteresadamente porque grazas ao seu esforzo, á súa paixón e á súa entrega é posible que ano tras ano as alfombras florais de Ponteareas sigan namorando a todo o mundo con esa gran mostra de arte efémera”.



























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20