Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 07 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Melloras en tres colexios de Primaria por preto de 500.000 euros

Os traballos acometeranse nos CEIPs de Petelos, Sanguiñeda e Atín-Cela ao remate do curso escolar e están financiados pola Consellería de Educación na súa totalidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron  de que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia acometerá de inmediato, en canto finalice o presente curso escolar e rematen as clases, obras de mellora por preto de 500.000 euros nos Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín-Cela, Sanguiñeda e Petelos.


No caso do CEIP de Petelos a obra de optimización das instalacións consistirá na susbstitución de toda a carpintería de aluminio (portas e fiestras) do centro, cun orzamento de 202.318,03 euros (IVE incluído).


A maiores, tamén no Colexio de Petelos, realizarase unha obra de ampliación do porche de entrada na fachada principal, por un importe de 10.770 euros máis IVE.


Por outra banda, no CEIP de Atín acometerase a última fase da mellora integral do centro, co remate da renovación da carpintería de aluminio nas zonas que quedaban pendentes de substituír e substitución tamén dos falsos teitos e luminarias nos espazos nos que aínda non se fixera. Ademais procederase ao derrubamento do anexo-almacén do edificio e reparación de fachada, solicitado pola dirección e a ANPA do centro, á execución dunha rampa de acceso para solventar o acceso polo devandito antigo anexo; e demolición e desamiantado de cubrición do patio interior, cuberto con perfil gran onda de fibrocemento, para a posterior execución da nova cubrición do patio. As obras no colexio de Atín teñen un orzamento de 246.098,96 euros (IVE incluído) e consistirán en obras básicas de mellora:

 

Demolición e retirada da carpintería existente non renovada.

  1. Demolición e retirada dos falsos teitos de aulas e espazos comúns que non foron renovados.
  2. Colocación de nova carpintería, falsos teitos e luminarias encaixadas en falsos teitos.
  3. Demolición de anexo existente e reparación de fachada.
  4. Execución de rampa de acceso para solventar o acceso polo antigo anexo.
  5. Demolición e desamiantado de cubrición de patio.
  6. Execución de nova cubrición de patio.


O prazo de execución previsto para a realización das obras é de 3 meses.


Por último, no CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda construirase un novo almacén con orzamento de 20.486 euros máis IVE.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.