GALICIA
Nace o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consello da Cultura Galega abrirán un proceso participativo para identificar as necesidades do colectivo e poder definir os recursos e servizos que precisan
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, presentaron esta semana o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, un espazo pioneiro, que, como destacou a conselleira, permitirá actualizar a información sobre as necesidades das persoas LGTBI para darlles unha resposta axeitada -mediante os recursos e servizos que poidan demandar- e previr as condutas violentas contra o colectivo.
A Consellería de Promoción do Emprego colabora nesta iniciativa co Consello da Cultura Galega co obxectivo de avanzar “para lograr unha sociedade en igualdade de condicións e de oportunidades para todas elas”, indicou Lorenzana.
“É preciso recoñecer que aínda hoxe en día as actitudes e condutas homofóbicas e transfóbicas están profundamente arraigadas na nosa sociedade, expoñendo cun enfoque negativo a moitas persoas homosexuais, bisexuais, transexuais e intersexuais”, indicou a conselleira, quen remarcou que afecta a todas as idades e lugares de residencia. “Coñecer en profundidade esta realidade e a situación actual, identificando e falando abertamente das necesidades fundamentais do colectivo para poder darlles un resposta e mellorar como sociedade, cunha metodoloxía activa, participativa e inclusiva, é un dos obxectivos deste Foro de Identidades e Disidencias Sexuais de Galicia”, remarcou.
O traballo do Foro concluirá o vindeiro ano coa presentación dos resultados e dunha guía práctica que axudará a orientar actuacións e medidas para lograr a plena igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI.
A Xunta defende unha igualdade real e efectiva que, a través do Foro, se analizará desde prismas como a participación pública, a seguridade, a educación e a sanidade, o ámbito laboral, territorial, os servizos sociais e o idadismo, o pensamento e a cultura, a memoria viva e a diversidade e as violencias.
Os traballos do Foro artellaranse, así, en cinco eixos para debuxar “un mapa social e institucional completo que contará coa participación de universidades, persoal da administración, asociacións e colectivos LGTBI”, recalcou a conselleira. Todos estes interlocutores aportarán as súas necesidades e demandas coa finalidade de “obter un documento útil que permita contribuír a deseñar políticas públicas encamiñadas a previr a violencia LGTBIfóbica, en calquera das súas manifestacións, e alcanzar a plena igualdade de oportunidades para calquera persoa na nosa contorna”, engadiu Lorenzana.
Trátase de actualizar a información existente para poder previr as condutas violentas LGTBIfóbicas en calquera das súas manifestacións
Aproveitando a ocasión, a titular de Igualdade anunciou que o próximo 13 de xuño, inaugurarase no IES Rosalía de Castro de Santiago, a exposición divulgativa sobre evolución histórica do movemento LGTBIQ+, outra das accións que se enmarcan no acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consello da Cultura Galega.
Compromiso reforzado
Galicia garante o principio de igualdade trato e de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero e artella medidas para previr, corrixir e eliminar as discriminacións nos sectores público e privado, desde hai anos, a través da lei 2/2014 pola Igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia, sendo a primeira comunidade cunha lexislación neste eido.
A comunidade conta ademais co Observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, outra iniciativa pioneira que se constituíu en 2018. “Un órgano colexiado, con carácter consultivo e de participación social, aberto a todas as organizacións que desexen unirse para sumar esforzos na loita contra a discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero”, incidiu a conselleira, quen lembrou que tras aprobarse o seu regulamento de funcionamento o pasado ano, este mes de xuño realizarase unha nova convocatoria.
A Xunta celebra cada ano, por outra banda, acordos de colaboración coas principais entidades representativas das persoas LGTBI na comunidade (Arelas, Casco, Nós Mesmas, Alas, Les e Pvlse LGTBIQ+), dotados con 6.000 euros para cada entidade, un importe que se duplicou en 2021.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217