Vigo
A Universidade de Vigo únese á Alianza Galega polo Clima
Tecido empresarial e sociedade civil únense para loitar contra o cambio climático a través da Alianza Galega polo Clima, un consorcio constituído en Santiago de Compostela ao que se suma a Universidade de Vigo. Xunto coas universidades, asinaron a súa adhesión as autoridades portuarias, empresas e industria e outras entidades que traballarán a prol dun mesmo obxectivo e cunha mesma filosofía, “deixar unha Galicia mellor ás vindeiras xeracións”, en palabras do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Durante o acto de sinatura, ao que asistiu reitor en funcións, Manuel Reigosa, o presidente autonómico lembrou que hai moitas maneiras de contribuír a frear o cambio climático: “Fano as industrias que modifican o seu sistema de produción para facelo máis eficiente e sustentable; fano as universidades cando investigan e deseñan sistemas para favorecer esa produción respectuosa co medio; e fano as empresas que optan por produtos máis sostibles e ecolóxicos ou que desenvolven tecnoloxía que mellora e preserva a contorna”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91