Sábado, 09 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 22:16:27 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 09 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Concellos do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta contratan perceptores da Risga

Os concellos de Ponteareas e Tui, con 12 e 10 traballadores, respectivamente, son os municipios máis beneficiados e recibirán apoios de 127.638€ e 146.957€ para realizar estas contratacións, que tamén chegarán aos outros doce municípios destas tres comarcas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 68 traballadores temporais, entre persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión perceptoras da Risga, nos catorce concellos das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta cunha achega de 850.784 euros.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou esta mañá desta nova concesión de traballadores a prol dos concellos, orientada a reforzar os servizos públicos municipais e a garantir a inclusión social destas persoas sen emprego, tras unha reunión celebrada no edificio administrativo de Campolongo na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño.

 

Tras as importantes axudas outorgadas aos concellos da provincia para a contratación de socorristas e de persoal para prevención de lumes forestais a través do programa Aprol Rural, dende a Xunta volvemos a colaborar coas administracións locais, neste caso favorecendo a contratación de persoas en risco de exclusión que se adicarán, principalmente, a tarefas de limpeza e obras públicas, o cal redundará no seu crecemento persoal e integración social e tamén no interese xeral coa mellora e reforzo dos servizos públicos”, detallou o representante autonómico.

 

Os concellos de Ponteareas e Tui, con 12 e 10 traballadores, respectivamente, son os municipios máis beneficiados do sur da provincia de Pontevedra e recibirán un apoio económico da Xunta de 127.638 euros e de 146.957 euros para sufragar os seus salarios. Ademais, tamén se outorgaron axudas para os municipios de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Salvaterra do Miño, A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño Todos os traballadores terán un contrato por espazo de nove meses e unha xornada do 75% do réxime xeral.

 

Resolución da liña de axudas para a contratación de perceptores da Risga

 

Concello

Perceptores Risga

Traballadores

Axuda

Servizo

Ponteareas

209

12

127.638€

Mellora de espazos

Tui

66

10

146.957€

Servizos municipais

Salvaterra

33

5

69.189€

Mantemento de espazos

Tomiño

37

5

68.899€

Xardinaría e limpeza

Covelo

18

5

68.247€

Limpeza

As Neves

31

5

61.767€

Coidado de zonas verdes

A Cañiza

24

5

60.594€

Obras públicas

Crecente

16

5

57.162€

Viais e limpeza

A Guarda

22

5

53.849€

Servizos xerais

Mondariz

17

4

57.110€

Mellorando Mondariz 22”

O Rosal

10

2

21.703€

Limpeza e roza

Oia

6

2

21.703€

Limpeza

Balneario

2

2

20.908€

Mellora de infraestruturas

Arbo

1

1

14.606€

Mantemento de espazos

 

Deste xeito, e tras a resolución destas tres derradeiras ordes de emprego temporal para o reforzo dos servizos públicos e o favorecemento da inclusión laboral, os catorce concellos destas tres comarcas van poder incorporar de inmediato a 96 persoas para tarefas de socorrismo, prevención de lumes forestais co Aprol Rural ou as encomendadas individualmente na liña do Risga grazas a unha achega global de 1.076.990€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.