O Porriño
V Feira do Pan do Porriño
A quinta edición do evento gastronómico celebrarase este sábado, 11 de xuño, no barrio de San Bieito
Amasado, formado, roxado, repousado…Poucas cousas son tan do Porriño como o seu pan. Por iso, a vila do Louro convertirase de novo capital galega do pan este sábado, coa celebración da Feira do Pan do Porriño que volve con xantar, música, obradoiros e, sobre todo, a tradición e os produtos das súas panaderías artesanais.
A quinta edición deste evento gastronómico, organizada pola Asociación de Panadeiros do Porriño e o Concello do Porriño, foi presentada no salón de plenos da casa consistorial. Asistiron ao acto de presentación o alcalde, Alejandro Lorenzo, os concelleiros de Comercio e Cultura, Antía Carrera e Bienvenido Estévez, o presidente da Asociación de Panadeiros do Porriño, José Manuel Fernández Grova, representantes das oito panaderías participantes (Amaquía, Argibay, Chinchina, Erundina, Los Milagros, O Forno de Mosende, Progreso e Torneiros), representantes de EFA A Cancela, Fátima Estévez (profesora) e María del Carmen Gil (presidenta), así como das entidades e empresas colaboradoras.
Tamén estivo presente o escritor local, Diego Giráldez, que tal e como se anunciou será o encargado de inaugurar a V Feira do Pan do Porriño coa lectura do pregón no seu barrio natal, San Bieito, que un ano máis acollerá o evento.
A apertura da Feira será ás 10 h cando o son das gaitas anime as rúas para dar paso á inauguración oficial co pregón, ás 11 h.
Ás 11:30 h celebrarase o tradicional Show Cooking con Pan do Porriño a cargo de EFA A Cancela, que este ano chegará con sorpresas cun pequeno guiño contra a guerra e de seguido a degustación de pinchos a cargo de Segredos Gastro Bar.
Xa pola tarde serán os nenos e nenas os que se poñan coas mans na masa para aprender a facer o seu pan no obradoiro Mini Pan (17:30 h). Ás 19 h charla coloquio sobre historias do Pan do Porriño con Quico Paz Antón e Panadeiros do Porriño, seguida dunha degustación de embutidos e queixos do país a cargo de Embutidos Distapor e o concerto de Argonat Band (20h).
Unha das novidades deste ano será o fin de festa, cos concertos de KAF (20:45h) e Tony Lomba (21:45h).
Cabe destacar que este ano, en lugar dos postos por panadería, habilitarase un só stand de todos os panadeiros do Porriño onde poderemos adquirir os seus produtos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218