Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 14 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

A Xunta adxudica o proxecto para rehabilitar o primeiro inmoble adquirido en Tui no programa Rexurbe

Investirá preto de 48.000 € na redacción do proxecto e na dirección da obra

A Xunta de Galicia destinará 47.916 euros á redacción do proxecto de rehabilitación do inmoble emprazado na rúa Bispo Castañón 20, en Tui, adquirido no marco do programa Rexurbe.

 

O instituto Galego da Vivenda e Solo adxudicou a redacción do proxecto ao estudo Olaarquitectura, S.L.P. e terá unha duración de dous anos e medio xa que, ademais da redacción do proxecto, inclúe a dirección das obras de rehabilitación.

 

O inmoble que se vai rehabilitar en Tui foi adquirido na oferta pública de adquisición do programa Rexurbe en 2019, cun custe de 100.095 euros.

 

 

 

 

As persoas interesadas en vender os seus inmobles neste municipio poden presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo ata o vindeiro 15 de xullo

 

 

 

 

 

O IGVS é propietario doutros tres inmobles en Tui, adquiridos en 2021, que se atopan emprazados na rúa San Telmo 44 e na rúa Cuenca 18 e 42. O investimento realizado na adquisición destes tres inmobles foi de 202.366,78 euros.

 

Por outra parte, o IGVS fixo pública a oferta pública de adquisición de inmobles corresponde a 2022. Para adquirir inmobles en Tui este ano dispón de 200.000 euros, estando o prazo de presentación de ofertas aberto ata o 15 de xullo próximo.

 

A oferta de adquisición para 2022 foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril de 2022. As persoas interesadas na venda dalgún inmoble da súa propiedade deben dirixir un escrito á dirección xeral do IGVS, axuntando a documentación que se indica na oferta publicada no DOG, dentro do prazo establecido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.