Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos comezará este ano coa Senda do Foxo Vello en Pereiras

O Concello vén de recibir a concesión da subvención

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe da concesión de subvención ao Concello de Mos no marco do Plan Concellos 2022-2023, liña 1 – investimentos (anualidade 2022-2023), para a cometida do proxecto de humanización Senda do Foxo Vello parroquia de Pereiras. Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, anunciaron o vindeiro inicio do procedemento de contratación para que a obra poida comezar durante o presente ano 2022.

 

O importe total proxecto ascende a 406.926,42 euros
A alcaldesa destaca sobre esta obra que “continuamos dando pasos no noso Plan Mos Humanizado, que é un dos nosos principais compromisos do goberno local da presente lexislatura, no que damos ademais resposta a demandas veciñais; por iso priorizamos actuacións como esta Senda de Pereiras ou Senda do Foxo Vello”.


A senda peonil e mellora da seguridade en Pereiras, inclúe entre as obras a realizar a construción dunha senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín, nas proximidades da estrada de titularidade autonómica PO-331. Coa execución desta obra, perséguese a mellora da circulación peonil tanto para a poboación en xeral como para os pais, nais e nenos do CEIP de Atín, e garantir unha comunicación segura dende a Igrexa ata estrada PO-331.

 

 

 

 

Con este proxecto dáse un paso máis no Plan Mos Humanizado

 

 

 


O tramo de actuación comprenderá dende o adro da Igrexa de Pereiras (punto 0+00) ata o remate da senda peonil de Atín (punto 0+720). No trazado diferenciaranse dúas zonas: zona 1.- camiño do Foxo Vello e camiño Pazos, discorrerá paralelo a traza de cada un dos camiños, seguindo a mesma configuración xeométrica cos mesmos. - camiño Pazos, marxe dereita. - camiño Foxo Vello, marxe esquerda e marxe dereita. Zona 2.- inmediacións do CEIP de Atín, circunda o peche do colexio definindo zonas verdes e de aparcamento. Adóitase este trazado para evitar grandes movementos de terra e muros de contención cunha altura máxima de 3,00 m., así como compensar os desmontes e os terrapléns. As obras comprenderán: construción dunha senda peonil co fin de darlle continuidade á senda de Atín. Remate da mellora do itinerario peonil ao CEIP de Atín dende o núcleo de Atín.


Realizarase a execución da recollida de augas pluviais dos camiños do Foxo Vello e Pazos, baixo o trazado da senda peonil, conducindo as mesmas ata un rego existente no camiño do Foxo Vello. Dotarase a senda de iluminación mediante farois situados cada 20-25,00 m. E sinalización viaria da senda, con sinais verticais e pasos de peóns elevados.


A mellora da seguridade viaria lograrase coa realización desta actuación comunicando equipamentos e favorecendo a integración e mobilidade. A senda estará destinada a dar servizo á mobilidade cotidiá, executarase sen estreitar a beiravía existente e buscando a mellor integración paisaxística posible. Primará ante todo a seguridade viaria tanto dos vehículos como dos peóns.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.