Sábado, 09 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 22:16:27 horas

Xornal21.es
Viernes, 10 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Delaporte completa o cartel do SonRías Baixas 2022

O dúo de pop electrónico actuará na noite do xoves 4 de agosto, na xornada de apertura do festival, que encabezan na súa 19ª edición artistas como Kase.O, Tanxugueiras, Rayden, La M.O.D.A. ou Rels B

O festival SonRías Baixas 2022 completa o cartel da programación musical da súa nova edición, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu. O dúo electro-pop Delaporte, conformado por Sandra Delaporte e Sergio Salvi, actuará na noite do xoves 4 no marco da xornada de apertura da gran cita musical da península do Morrazo do verán, que este ano recupera a súa modalidade de gran formato. No seu directo o grupo dará a coñecer ‘Abril’, o seu último traballo discográfico e, sen dúbida, o álbum coas sonoridades máis clubbing da súa traxectoria, na que destacan himnos como `Clap, clap’, ‘Ni un beso’ ou ‘Droga dura’.

 

Delaporte súmase así a un cartel ecléctico conformado por 20 artistas consagrados ou noveles, de diferentes estilos e con propostas singulares e que transitan entre o rap, as músicas de raíz, a electrónica, o rock ou o stoner. Bandas como Tanxugueiras, La M.O.D.A. ou Ciudad Jara presentarán sobre o escenario de Bueu os seus traballos discográficos máis recentes, nun festival no que, ademais, o dúo Arnau Griso se despedirá do público galego. O lineup complétano Rels B, Eskorzo, Sofía Gabanna, Sara Hebe, Bala, Suu, JazzWoman, Emlan, Maurino, Cool Nenas, Kase.O, Rayden, Buhos, García Mc & Nación Quilombo e Balkan Paradise Orchestra.

 

Concertos por días

Os concertos do 19o SonRías Baixas arrancarán o xoves 4 nunha xornada protagonizada polos ritmos urbanos e pola aposta por artistas novos con carreiras emerxentes. As persoas asistentes poderán gozar do magnetismo único e pop urbano de Rels B, que conta con decenas de millóns de seguidores en todo o mundo; da música electrónica do proxecto italo- español Delaporte; do inconfundible son da promesa do rap arxentino Sofía Gabanna; da rapeira valenciana JazzWoman, sempre disposta a abordar nas súas letras temas como a denuncia social ou o empoderamento feminino; do future latin de Maurino; e da enerxía de Cool Nenas, sempre preparadas para ofrecer a festa perfecta.

 

O venres 5 o SonRías Baixas continuará co seu habitual espírito festivo, cheo de potencia e enerxía coas actuacións de Kase.O, que volve a Bueu na súa xira do 10o aniversario del ‘Jazz Magnetism’ despois de esgotar as entradas o ano pasado; Rayden, coñecido pola súa lírica e habilidade para fusionar xéneros musicais sempre definido polo seu xénero de orixe: o rap; Ciudad Jara, que presentará o seu novo disco, ‘Cinema’, nun potente e ecléctico directo; Buhos, o grupo festivo de referencia en Cataluña e no Estado na actualidade; Bala, auténticas referentes da escena do rock/metal alternativo; Emlan, co seu novo e sorprendente show de rock, pop e espectáculo; e García Mc & Nación Quilombo, que nos proporá unha estimulante viaxe polas dez illas do seu ‘Arquipélago Quilombo’.

 

 

 

 

O festival mantén aberta a posibilidade de adquirir a prezo reducido o abono de tres días, que inclúe acceso á zona de acampada, por 50 euros

 

 

 

 

O festival pechará esta edición o sábado 6 de agosto coas actuacións de Tanxugueiras, o trío de pandeireteiras que está a converterse nunha auténtica revolución para a música tradicional galega; La M.O.D.A., unha das bandas co directo máis potente do momento, presentando o seu ‘Nuevo Cancionero Burgalés’; Arnau Griso, no que será o seu concerto de despedida ante o público galego; Ezkorzo, unha auténtica bomba enerxizante deseñada para que o público non poida parar nin un segundo; Sara Hebe, sempre imparable e versátil, presentando novo traballo no que será o seu único concerto en Galicia este verán; os ventos e percusións das Balkan Paradise Orchestra; e Suu: sempre acompañada polo seu ukelele é xa unha das músicas catalanas máis seguidas e escoitadas na actualidade.

 

Abonos e entradas de día á venda

O festival mantén neste mes de xuño o período para adquirir na páxina web oficial www.sonriasbaixas.info un cupo limitado de abonos de tres días -que tamén inclúen o acceso á zona de acampada, situada a 150 metros da praia- a prezo reducido, por 50 euros (máis gastos de xestión). No caso daquelas persoas interesadas en asistir a unha ou dúas

 

xornadas concretas do evento, tamén existe a posibilidade de mercar, no mesmo espazo web, entradas por día desde 30 euros (máis gastos de xestión).

 

Ademais, á hora de mercar os seus abonos, o público terá a opción de solicitar a promoción precarga da súa pulseira cashless. A escolla desta proposta implicará, automaticamente, unha recarga de balde do saldo (dun 10% sobre o prezo da entrada) na súa pulseira, que será o sistema único de pago no interior do recinto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.