Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 18:16:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Unha mostra que repasa o papel das mulleres na historia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a mostra, onde loa a contribución dos arquivos para manter viva a memoria de Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou  a exposición A muller no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra onde loou a contribución que os arquivos históricos están a ter para manter viva a memoria de Galicia. Como dixo, un claro exemplo é a mostra aberta ao público hoxe na cidade no marco da programación institucional da Xunta con motivo do Día Internacional dos Arquivos.

 

A exposición inclúe unha trintena de documentos que están custodiados no arquivo relacionados co papel e a situación da muller. Comisariada por persoal técnico deste centro, Beatriz Prego e Fernando Amado, a finalidade é amosar ao público a través de documentos de distintas épocas, as posibilidades que ofrece o arquivo para poder coñecer a historia das mulleres desde diversas perspectivas.

 

 

 

 

Enmárcase nas actividades institucionais celebradas hoxe para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos

 

 

 

 

Programación paralela
A programación incluirá mañá venres unha xornada de portas abertas e visita guiada e mostra de documentos da exposición. Tamén se celebrará a conferencia Nunca invisibles: as mulleres nos documentos da Idade Moderna ás 19,00 horas e a continuación, ás 20,00 horas unha velada musical a cargo de Clara Pino (voz e arpa celta) e Pablo Vidal (contrabaixo). Trátase de prazas limitadas ata completar aforamento.

 

Xunto a esta exposición, o resto de arquivos históricos xestionados pola Xunta están a realizar estes días tamén distintas iniciativas con xornadas de portas abertas e inauguración de novas exposicións para divulgar o labor dos arquivos entre o gran público.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.