GALICIA
A tarxeta Xente Nova permitiu xa viaxar gratis en autobuses interurbanos a 112.000 mozas e mozos
Máis de 112.000 mozos e mozas menores de 21 anos viaxaron de forma totalmente gratuita en autobuses interurbanos grazas a tarxeta Xente Nova. A Xunta porá en marcha o vindeira ano unha plataforma móbil para facilitar o seu uso, sen necesidade de activar a tarxeta moedeiro nin de adiantar os cartos.
O alto número de usuarias e usuarios amosa o éxito desta iniciativa, na que a Xunta inviste neste ano 7 millóns de euros. Un servizo que tamén opera en Vigo no transporte da ría e no tren de vía estreita da comarca de Ferrol. Non en van, as familias dos mozos beneficiarios levan aforrado desde a súa posta en marcha máis de 14 millóns de euros. Así, a modo de exemplo, un rapaz de Noia que viaxe todos os días en bus á Universidade de Santiago de Compostela durante o curso, aforrará arredor de 1.200 euros.
Cómpre salientar que esta tarxeta é resultado da aposta continuada polo acceso dos mozos ao transporte público da Comunidade. Así, en 2016 os menores de 19 anos comezaron a beneficiarse da gratuidade nas áreas de transporte metropolitano; en 2020, ampliouse a cobertura da gratuidade aos menores de 21 anos. Hai un ano estendeuse a gratuidade a toda Galicia, converténdo a Galicia na única Comunidade que ofrece esta posibilidade.
A Xunta seguirá comprometida cunha mobilidade sostible, avanzando cara a un futuro con menos emisións, cun maior uso do transporte público e cunhas cidades e vilas con menos tráfico, ruído e atascos. Unha aposta reflectida na renovación das 3.400 liñas de autobús, multiplicando rutas, paradas e horarios, e incorporando servizos a demanda e buses escolares compartidos aos que destinas un orzamento anual de 80 millóns de euros-; e nos máis de 200 quilómetros de sendas peonís, nas que tamén leva investidos 50 millóns.
Mobilidade máis sustentable e limpa
Trátase dunha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano da Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago e Vigo para permitir a gratuidade no transporte público aos menores de 19 anos.
Posteriormente, no mes de xaneiro de 2020, ampliouse a cobertura ata os menores de 21 anos e, desde o 15 de xuño dese mesmo ano, a Xunta activou este incentivo en toda a provincia de Ourense (92 concellos) e en 13 municipios da área de Pontevedra (A Lama, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa).
![[Img #76336]](https://xornal21.com/upload/images/06_2022/2861_bus_2.jpg)
Dende o 21 de maio do ano 2021, este sistema de bonificacións estendeuse aos transportes interurbanos de toda Galicia cunha moi boa resposta.
No mes de maio de 2022 cumpriuse un ano da posta en servizo desta iniciativa social en toda a comunidade galega, coa vista posta nas melloras que se potenciarán a partires do vindeiro curso escolar posto que a Xunta traballa nun novo sistema de funcionamento da tarxeta Xente Nova co obxectivo de habilitar unha plataforma móbil que permita aos mozos e mozas galegos un uso directo da tarxeta dende os seus propios terminais móbiles sen necesidade de recargas nin adiantos.
A tarxeta Xente Nova pódese solicitar en 213 oficinas de Abanca habilitadas nas 4 provincias
Dende o comezo da vixencia no ano 2016, máis de 112.000 mozos galegos téñense beneficiado de bonificacións coa tarxeta Xente Nova.
Desde a extensión da tarxeta Xente Nova a todo o territorio galego, o número de mozos menores de 21 anos que quixeron facerse co seu dispositivo de transporte gratuíto superou ás 32.000 expedicións, o que supón un incremento do 40% neste último ano.
Obxectivos da extensión da tarxeta Xente Nova
Con esta nova iniciativa do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, preténdese contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público nas máis 3.400 liñas de autobuses interurbanos que existen na Comunidade e, polo tanto, unha mobilidade máis sustentable e limpa entre os máis novos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217