REDONDELA
A Asociación de Empresarios de Redondela solicita ao concello que aborde asuntos que lles perxudican
Distintos sectores empresariais, representados pola Asociación de Empresarios de Redondela, están a sufrir importantes prexuízos que "consideramos poderían ser emendados coa adecuada colaboración e coordinación cos distintos departamentos do Concello de Redondela con competencias específicas en cada unha das áreas afectadas" aseguran.
En concreto, entre os aspectos nos que queren solicitar a colaboración e a mellora da coordinación están as OBRAS NA ZONA DE SANTA MARINA E PRAZA DE PONTEAREAS: "sabido é que as obras ocasionan inconvenientes inevitables é que son necesarias para a mellora dos nosos espazos públicos polo que en ningún momento nos opomos a súa realización pero consideramos que a mellora da xestión e a coordinación coas necesidades das empresas da zona pode facer máis fácil a convivencia das obras co exercicio das actividades comerciais da zona e acadar así un menor impacto".
Tamén explican que na CONTRATACIÓNS/CONCURSOS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL "considerando que a administración é un importante motor da actividade económica local pola súa capacidade de contratación das empresas locais para a realización de obras ou a prestación de servizos e a vista de que algunhas actividades económicas, representadas pola Asociación de Empresarios de Redondela, están a manifestar a súa preocupación por ser excluídas dos procesos de contratación como as axencias de viaxes, as empresas de viveiros de plantas ou de limpeza e mantemento de espazos públicos, estimamos oportuno e necesario impulsar o papel do Concello como motor da actividade local e coñecer os procesos de contratación relativos a estas actividades".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148