Domingo, 25 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 13 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

O himno municipal protagonista do pregón no Día da Rosa de Mos

Os pregoeiros foron os gañadores do concurso para poñerlle letra, Antonio Barros e Ialma

Hoxe voltou o Día da Rosa con máis forza que nunca, incluso con maior participación de ramos que en edicións anteriores á pandemia. Fíxoo ademáis co solemne acto de presentación da letra do Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composta por Xulio Lorenzo. A devandita letra é autoría de Antonio Barros e Ialma, gañadores do concurso para escribila.

 

[Img #76361]

 

Tamén tiveron o seu lugar e recoñecemento polo gran traballo realizado os outros 5 concursantes: Roi García Lorenzo, Rubén Campo Gil, Gonzalo Otero Lago, José Rodríguez Conde e Albino Rodríguez Cambeiro.

 

A xornada comezou ás 11h da mañá con Misa Solemne cantada pola Coral Ventos do Val e con saída da cerimonia amenizada musicalmente polo grupo de gaitas Ruada de Torroso.

 

A continuación, deu paso ao pregón a cargo dos gañadores do concurso da letra do himno, o Secreterio Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Tamén estiverpon presentes outras autoridades autonómicas como a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, que pechou o acto.

 

[Img #76362]

 

Tras o pregón chegou a entrega de premios dos dous clásicos concursos do Día da Rosa: de rosas e de empanadas de pan de millo.

 

Premios concursos de rosas por parroquias:

Mellores rosas de Sanguiñeda: Nº 4 Mercedes Cabaleiro.

Mellores rosas de Tameiga: Nº 1 Genaro Rodríguez.

Mellores rosas de Dornelas: Nª 12 Dorita Leirós.

Mellores rosas de Torroso: Nº 16 María Romero.

Mellores rosas de Mos: Nº 5 Marcos Pazos e Emma Verguela.

Mellores rosas de Petelos: Nº 23 Rosana Campos.

Mellores rosas de Guizán: Nº 6 Sita.

Mellores rosas de Cela: Nº 4 Evaristo Ucha.

Mellores rosas de Pereiras: Nº 6 Abel Alonso.

Mellores rosas de Louredo: Nª 8 Delfina Rodríguez.

 

MELLORES ROSAS DE TODO O CONCELLO DE MOS:  Os nenos da parroquia de Mos Marcos Pazos e Emma Verguela.

 

PARROQUIA CON MAIOR PARTICIPACIÓN: Sanguiñeda con 33 ramos participantes.

 

Premios concursos de empanada de pan de millo:

Mellor presentación: Nº 8 Rosa Durán.

Maior tamaño: Nº 13 Aitana Das Dores.

Mellor sabor: Nº 16 María del Carmen Domínguez.

 

[Img #76363]

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacaba hoxe na súa intervención que “Celebramos a Festa da Rosa máis especial dos últimos anos, co calor humano da veciñanza, presentando a letra do noso himno e con máis rosas e máis fermosas que nunca. Voltamos a poder celebrar e compartir xuntos, tras dúas edicións marcadas polas restriccións sanitarias. Voltamos cunha Festa da Rosa renovada e mellorada. Este ano o calor humán voltou por fin á Festa da Rosa, o calor dos veciños e veciñas, algo que me emociona enormemente. Tamén é unha Rosa moi especial porque presentamos oficialmente a letra do noso himno: a Alborada Camiño da Rosa composta por Xulio Lorenzo. Felicitar e agradecer a todos os participantes as súas fantásticas propostas. Nesta Festa da Rosa 2022, sinto máis que nunca o orgullo como alcaldesa, pero sobre todo como mosense, de formar parte deste gran pobo que é Mos”. Tivo tamén a rexedora local unhas palabras de especial agradecemento e noraboa pola organización da festa para a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.

 

Tocando o final da mañá a Banda de Música Xuvenil de Torroso deu o seu tradicional concerto do Día da Rosa.

 

[Img #76360]

O acto rematou con todo o público presente cantando o himno, previo reparto dun folleto coa letra, xunto cos autores da letra, Antonio Barros e Ialma, e tocando o compositor do himno municipal Alborada Camiño da Rosa, Xulio Lorenzo, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Banda de Gaitas Ruada de Torroso.

 

Os presentadores do acto e Mestres de cerimonia foron Alejandro Pérez e Cristina Maró.

 

A guinda gastronómica da mañá púxoa a exaltación e degustación de empanada de pan de millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, a Asociación BaRes Mos e os panadeiros de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.