DEPORTES
Recepción ao Equipo Minibasket do Estudiantes de Pontevedra no Pazo Provincial
Oito xogadores e tres xogadoras do Equipo Minibasket do Club Baloncesto Estudiantes de Pontevedra foron recibidos esta semana no Pazo Provincial, onde a presidenta Carmela Silva afirmou que son “un orgullo para a provincia”, tras obter o campionato galego da súa categoría cun conxunto mixto.
Pola súa banda, o deputado Gorka Gómez quixo destacar o traballo que leva desenvolvendo o club pontevedrés no eido do deporte base e como “exemplo da igualdade” en todo o proxecto de club. “As diferencias venas algúns, porque a vista está que se pode conseguir un título como este cun equipo mixto”, engadiu. Gómez subliñou tamén a obriga que para a Deputación é o apoio ao deporte base “con axudas e visibilizando os éxitos para que os nenos e nenas da provincia fagan deporte, o que sexa, polos valores que transmite”.
Este é, como sinalou o seu presidente, Miguel Ángel Barreiro, o primeiro equipo do club que consegue un campionato galego e o fixo con este conxunto mixto: “Costounos moito, houbo que pelexar coa federación galega para que competise; esperamos que estas iniciativas sigan en máis categorías”. Tanto Barreiro como a adestradora Rosa Crespo, agradeceron o apoio da institución provincial e Crespo destacou que o club está “crecendo moito grazas á xente coma esta e ás súas familias; creo que estamos indo pola vía boa”. No acto interviñeron as tres xogadoras do equipo, Sabela Solla, Daniela Cal e Carla Sanmartín, que agradeceron poder xogar cos seus compañeiros esta tempada “inexplicable e marabillosa” co éxito dun equipo mixto “que non é o máis común”, así como o capitán Fernando Fariña e os xogadores Mateo Refojo e Bruno López, que subliñaron que este ano gañaron todos os seus partidos, 22.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186