Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Viernes, 17 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño oferta este verán máis de 450 horas de actividades

A inscrición pode formalizarse xa a través da web municipal

Tras dous anos de pandemia, Tomiño recupera a normalidade de cara ao verán (meses de xullo, agosto, setembro e outubro) realizando unha mega oferta de campus, campamentos, cursos e obradoiros. O obxectivo é que a infancia e a mocidade poidan participar en propostas de educación non formal de carácter lúdico, educativo e deportivo.


Unha vintena de actividades (7 campus e 2 cursos deportivos, outros 4 cursos e eventos para a mocidade; 3 obradoiros e 2 campamentos) coas que o Concello tenta contribuír á conciliación da vida familiar e laboral e á inclusión social, fomentando ademais a interacción e a convivencia entre os/as participantes.


A oferta suma nada menos que 451,5 horas de formación e desfrute, divididas en 300 horas en disciplinas deportivas e as restantes en cursos, eventos, obradoiros e campamentos.


As diferentes propostas que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas e horarios, fundamentalmente, durante os meses de xullo e agosto. Cadaquén poderá escoller entre unha ampla oferta de actividades deportivas, científicas, artísticas, etc.


Concretamente, haberá tenis, con xornada de portas abertas; curso de promoción do piragüismo; campus de skate, fútbol feminino e mixto de fútbol; campus de tenis, de pádel, de bádminton e de atletismo; ioga integral para nenos e nenas; infancia e mocidade, campamento urbano e campamento musical; curso de fotografía, obradoiro de vídeo mapping e de canto (Operación Triunfiño en Tomiño); curso de iniciación ao lettering, obradoiro de robótica, evento de gaming (Tomiño Gamer) e a actividade “Constrúe o teu Futuro” con metodoloxía lego® serious play®


A Concellería de Participación Infantil e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, prevé bonificacións para diferentes casos; por exemplo, para os nenos e nenas empadroadas en Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade (bonificación a maiores de 5 euros por cada neno/a); persoas que sexan voluntarias do Concello (bonificación do 50% en todas as actividades), ou socios e socias da Agrupación Musical de Goián (bonificación do 50% no campamento musical).


Por último, as persoas que entreguen informe favorable do Departamento de Servizos Sociais do Concello terán unha bonificación do 50%, ou ben, dereito a asistir de xeito gratuíto a todas as actividades que se ofertan na campaña de deportes de 2022.


Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.
En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información, chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións poden realizarse a través dun formulario que está disponible na web municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.