REDONDELA
A mocidade de Redondela toma contacto co mundo da vela
O Concello recuperou tres embarcacións que estaban en estado de total abandono para desenvolver iniciativas que permitan á infancia e a mocidade iniciarse nesta modalidade de deportes náuticos
Alumnado do IES Illa de San Simón participaron, nesta fin de semana, nunha experiencia piloto da Concellería de Deportes do Concello de Redondela que xestiona Nacho González, e que busca que a mocidade e a infancia tome contacto co mundo da navegación deportiva a vela.
A recuperación das tres embarcacións, explica a alcaldesa Digna Rivas, “é o primeiro paso para un proxecto máis ambicioso que permita que, mozos e mozas, poidan iniciarse no mundo da vela e aproveitar o incomparable marco que, para ese tipo de deportes, ofrece a enseada de San Simón”.
Para esta primeira toma de contacto coa navegación a vela, mozos e mozas contaron co apoio de Domingo Salinas, profesor de Educación Física do IES Illa de San Simón, a quen a alcaldesa agradeceu “o seu entusiasmo e total implicación na iniciativa” que permitiu que, alumnos e alumnas, “recibiran as primeiras nocións de navegación.
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes compartiron un tempo cos mozos e mozas que participaron nesta experiencia piloto “para coñecer as súas primeiras impresións e, a través dese coñecemento, poder comezar a establecer as bases para un programa estable que se poida engadir a ampla oferta deportiva que ten Redondela”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148