VIGO
O “escenario perfecto” do auditorio Mar de Vigo para os seis artistas consagrados do Ciclo Xacobeo
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación dos concertos que se celebrarán entre xullo e setembro no Auditorio Mar de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, salientou na presentación do Ciclo Internacional Xacobeo o “escenario perfecto” que conforma o Auditorio Mar de Vigo para dar cabida aos seis artistas consagrados que pasarán polo recinto entre xullo e setembro.
“Cando estabamos a deseñar o cartel do Xacobeo en Vigo para este ano 2022 tiñamos moi claro que o Auditorio Mar de Vigo tiña que estar incluído. Non só coa súa terraza, onde actuarán tres dos seis artistas internacionais, que trae o cartel, senón tamén no interior, é o escenario perfecto para unha oferta con artistas consagrados e de renome mundial que atraerán a miles de persoas”, sinalou. Así, a representante autonómica avanzou o calendario de actuacións do novo ciclo patrocinado polo Xacobeo 21-22.
Segundo sinalou na presentación Fernández Tapias, "a intención deste ciclo é ofrecer unha mostra da diversidade musical do mundo, da riqueza de estilos, e artistas de enorme proxección internacional e bandas de referencia". Pola súa banda, Iñaki Teixeira, director do Auditorio Mar de Vigo, comentou sobre o cartel do Ciclo Xacobeo que "a maior parte destes artistas farán contadas actuacións no noso país, e case todas en ciclos e festivais de gran prestixio como Noches del Botánico, Jardín de Pedralbes, La Mar de Músicas ou o Cruïlla de Barcelona".
“A cidade vai gozar dun gran verán de concertos grazas ao Xacobeo con máis de 20 grandes actuacións”, sinalou
“A cidade vai gozar dun gran verán de concertos grazas ao Xacobeo con máis de 20 grandes actuacións. Desde o Porto a este auditorio e, como xa sabedes, tamén en Balaídos, os vigueses terán á súa disposición as mellores actuacións que se poderán ver en Galicia”, indicou.
As seis actuacións que pasarán polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy´s Drop o 6 de xullo, que estarán por vez primeira en Galicia, o americano e lenda do rock Steve Vai o 17 de xullo, a música sofisticada do bretón Yann Tiersen o 22 de xullo, a mítica banda escocesa Texas o 9 de agosto, a nova revelación internacional cubana Cimafunk o 26 de agosto e as espectaculares percusións dos israelíes Mayumaná, que pecharán o ciclo o 18 de setembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91