TUI
O alumnado de 6º de Primaria de Tui convivirá dous días na Aloiada 2022
Este xoves 16 e este venres 17 de xuño máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria e unha trintena de profesores e profesoras de seis centros educativos de Tui van participar na Aloiada 2022, un proxecto de actividades na natureza que tras dous anos de ausencia debido á pandemia volve celebrarse esta semana.
A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino; Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Nerea Castro e Coral Vázquez, directora e profesora de Educación Física do CEIP de Rebordáns; Silvia Rodríguez, directora do CEIP de Caldelas; Isabel Viesca, profesora da Educación Física do CEIP de Pazos de Reis; Xosé Canedo, profesor de Educación Física no CEIP nº2: e Fernando Domínguez, profesor de Educación Física no CEIP de Guillarei.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou aos centros participantes por esta iniciativa e polo seu compromiso do medio natural, destacando que “é moi importante concienciar ao alumnado no respecto e coidado do medio ambiente”. Afirmaba Enrique Cabaleiro que “temos o inmenso privilexio de vivir nun espazo único” referíndose ao Monte Aloia, o primeiro Parque Natural de Galicia, ao río Miño,… e tamén indicaba a importancia de “pór en valor o traballo das asociacións e clubs que traballan nestes ámbitos”.
A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, amosou a súa satisfacción por despois de dous anos volver a unirse toda a comunidade educativa e as concellerías de Depores e Ensino para celebrar a Aloiada dous días de “unión e de crear sinerxías entre o alumnado e o profesorado”. Ao tempo felicitou ao profesorado polo “arduo traballo realizado”. No mesmo senso pronunciouse o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, que agradeceu “seguir apostando pola Aloiada 2022, porque sei que os nenos e nenas o están agardando con moitas ganas, un evento que disfrutan de todo do parque natural e de todo o entorno de Tui”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57