VIGO
Fernández-Tapias lamenta a confirmación da perda da sede do IEO para Vigo
La delegada territorial de la Xunta en Vigo cualifica como unha “falta de respecto” a discriminación por parte do Goberno central cara á labor investigadora en Galicia
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou a confirmación por parte do Goberno central da perda da sede do Instituto Español de Oceanografía (IEO) para a cidade. A través dunha resposta parlamentaria, o Ministerio de Ciencia e Innovación confirmou que o organismo estatal seguirá centralizado en Madrid e terá dúas sedes permanentes en Santander e Mazarrón para as áreas de investigación.
“Estamos cansos dos bandazos, dos cambios de criterio constantes e da improvisación coa que o Goberno central xestiona o Instituto Español de Oceanografía, un organismo fundamental para Galicia e que está nunha situación económica dramática malia a súa integración no Consello Superior de Investigacións Científicas”, sinalou a representante autonómica.
Fernández-Tapias xa advertira o pasado mes de maio da “decepcionante” visita a Vigo da ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, cando anunciou que a cidade sería sede da mesa permanente da pesca. “Semellaba entón unha manobra para despistarnos e agora queda confirmado, estamos ante continuas faltas de respecto a Galicia co consentimento do alcalde, que prometeu como tantas outras veces mediar co Goberno e acaba co mesmo resultado nefasto”, engadiu.
“Queda xa demostrado que o anuncio dunha mesa permanente de pesca era tan só unha manobra de distracción co consentimento do alcalde”, sinalou
Ademais, a delegada defendeu que Galicia debería acoller a sede central do IEO en caso de que se descentralice e que, se o Goberno “non se sente capacitado para mantelo e xestionalo ben, o ceda a Galicia previo saneamento para poder potencialo”. Así o demandou recentemente o Parlamento galego nunha declaración institucional.
“Levamos máis de dous anos defendendo a necesidade de recuperar o potencial do IEO e esixindo o seu saneamento económico, para o que xa dixemos que esta integración non era a solución. O reparto de sedes iniciado polo Goberno central, que agora rectifica parcialmente, é un disparate, baseado en criterios nada serios e arbitrarios como o lugar de residencia dos xefes de cada área”, engadiu.
Lembrou tamén outros asuntos da maior importancia para Vigo nos que o Goberno desatende á cidade. “O Perte de Stellantis, a Alta Tensión, o Saída Sur… a lista é interminable, a secuencia sempre é a mesma e o final tamén é coñecido. O alcalde tan só dedícase a declaracións altisonantes en busca de titulares que uns días despois convértense nun desastre anunciado”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175