GALICIA
A Xunta chama aos grupos políticos e aos concellos a defender un mapa estatal de autobuses
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, apostou no Parlamento por pedir ao Goberno central un sistema de concesións de autobuses que non recorte as paradas, os servizos e a calidade deste servizo público
A Xunta chama aos grupos políticos e ao conxunto de concellos a sumar esforzos a prol da defensa dun mapa estatal de autobuses sensible coas necesidades de Galicia.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, instou hoxe no Parlamento a demandar ao Goberno central un transporte público que responda ás necesidades dos galegos sen recortes e mellorando os servizos.
Destacou que a Xunta procederá a esta reivindicación desde o diálogo e a colaboración institucional, pero coa contundencia que merece este agravio aos intereses dos galegos.
Manifestou o rexeitamento da Xunta á reordenación do mapa estatal de transportes, pois recorta e reduce a calidade e pon por diante a rendibilidade económica, esquecendo a rendibilidade social e o equilibrio territorial.
Indicou que o Goberno central está a reducir un 47% as rutas; as paradas, un 53%; as expedicións anuais, un 35%; e a deixar o 74% dos concellos sen parada, supoñendo a desconexión de 3 millóns de persoas en toda España.
Vázquez Mourelle manifesta o rexeitamento do Goberno galego ao mapa estatal de de transporte por estrada, que reduce un 47% as rutas e deixa o 74% dos concellos sen parada, supoñendo a desconexión de 3 millóns de persoas en toda España
Concretou que 23 concellos galegos quedan sen autobús estatal, é dicir, máis de 136.000 cidadáns prexudicados. A maioría de municipios son pequenos, como O Corgo, Riós ou Forcarei, pero quedan fóra poboacións que superan os 15.000 habitantes como Lalín ou Tui e concellos polos que discorre o Camiño como Palas de Rei ou Melide, en pleno Xacobeo.
Lamentou que a reorganización estatal tamén supón que máis de 1.100 rutas deixan de prestarse de xeito directo, así que os seus usuarios están obrigados a facer transbordos.
Engadiu que Galicia vai perder 507 tráficos con Castela e León e Asturias, as dúas comunidades autónomas, xunto con Madrid, coas que máis conexión se mantén; e máis de 20.000 viaxeiros ao ano quedan sen autobús directo a Bilbao e San Sebastián e outros 19.000 tampouco terán conexión directa con Barcelona.
Criticou que o plan non contempla as particularidades galegas como a dispersión, ignorando que para moitas persoas, o transporte público é o único medio de acceso aos servizos esenciais.
Remarcou que este sistema condena ao rural a unha perda radical de servizos e de conectividade en transporte público, afondando na desigualdade entre territorios e na despoboación.
Ademais o Goberno central traspasa ás comunidades a responsabilidade de suplir os servizos que eliminan no novo mapa concesional, é dicir, o Goberno pretende que sexa a Xunta a que cubra as carencias provocadas.
A conselleira cualificou de “abuso” o feito de que o Goberno pretenda empregar as comunidades como escudo, e destacou que o Ministerio, en materia de mobilidade, está “colapsado”.
Aposta da Xunta polo transporte público
A conselleira contrapuxo este agravio orixinado polo Goberno central coa aposta da Xunta polo transporte público, cunha renovación completa das concesións do transporte interurbano que supuxo levar o autobús onde antes non chegaba.
Salientou que o transporte público en Galicia non é un negocio rendible, como tampouco o son a sanidade e a educación, por iso se sustentan con fondos públicos, porque son servizos esenciais para os cidadáns.
Remarca que este plan condena ao rural a unha perda radical de servizos e de conectividade en transporte público, afondando na desigualdade entre territorios
A este respecto, fixo fincapé en que o Goberno galego destina 80 M€ cada ano para garantir que os galegos teñan servizos de transporte público de calidade.
Concretou que este orzamento posibilitou a implantación de novas modalidades como o transporte compartido e a demanda, a activación dunha política tarifaria uniforme e económica, o incremento nun 160% do número de paradas e case nun 100% as expedicións con respecto a 2016.
A Xunta tamén segue fomentando o emprego do transporte público entre os máis novos coa implantación da tarxeta Xente Nova, coa que máis de 112.000 menores de 21 anos xa viaxan gratis en todas as liñas de autobús de competencia autonómica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217