Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 24 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
OIA

Oia formará á veciñanza no uso da banca electrónica desde o móbil

O curso desenvolverase os martes e xoves de xullo en horario de mañá

[Img #76424]O Concello de Oia organiza o curso “Mobilízate coa banca electrónica”, co obxectivo de ofrecer formación e asesoramento no uso seguro dun tipo de servizos que actualmente teñen moita demanda. A actividade é gratuíta baixo inscrición previa e desenvolverase os martes e xoves do vindeiro mes de xullo.

 

O curso será impartido por Infortastiera e vai dirixido a persoas interesadas en familiarizarse no uso da banca electrónica a través de dispositivos móbiles (teléfono smartphone). As sesións formativas desenvolverase na Aula de Novas Tecnoloxías (baixo da casa do Concello) os martes e xoves 5, 7, 12, 14 e 19 de xullo en horario de 10.00 a 12.00 horas.

 

As prazas son limitadas, polo que é obrigatorio inscribirse no rexistro do Concello de Oia ata o 1 de xullo.  O único requisito para recibir a formación será a obrigatoriedade de levar ás sesións un teléfono móbil co que poder traballar.

 

Para máis información sobre esta actividade pódese chamar ao Concello ao teléfono 986362125.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.