MOS
Mos avanza nos tramos finais cara o saneamento integral
En marcha as obras de Veigadaña e adxudicado o contrato dun bombeo no Camiño Rial, parroquia de Tameiga, que comezará en breve
O Concello de Mos avanza na acometida dos tramos finais cara a consecución do 100% do saneamento no municipio. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilio Augusto, visitaron as obras de acometida da rede de saneamento na Veigadaña, parroquia de Petelos. Unhas obras que darán servizo a unhas 20 vivendas e que se atopan incluídas no proxecto de instalación de saneamento nas parroquias de Petelos e Sanguiñeda financiadas con cargo ao Plan Concellos.
As obras obxecto do devandito proxecto, financiadas mediante subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e cun orzamento de 138.000 euros, consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento das parroquias de Sanguiñeda e Petelos, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Lévase a cabo mediante estes traballos a execución de 1.342,60 metros de saneamento por gravidade e 205,00 metros de impulsión repartidos do seguinte xeito: Camiño do Cocho 689,27 metros, Camiño da Fontiña 364,47 metros, Camiño da Garabulla 288,86 metros e bombeo de Amieirolongo 205,00 metros.
Con este proxecto darase servizo a 165 habitantes e 55 vivendas, das cales sobre 20 se atopan no barrio da Veigadaña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184