SALCEDA DE CASELAS
O PP pide a comparecencia da alcaldesa no pleno
Solicita que "explique e aclare todo sobre a parcela da discordia entre o PSOE e Movemento Salceda"
O Grupo Popular ven de solicitar a comparecencia da sra. Alcaldesa no pleno municipal para que de conta de todo o proceso de solicitude de subvención para a dotación dun centro de día no Concello de Salceda de Caselas. A este respeto, e logo da polémica sobre a parcela que inicialmente estaba prevista para unha Galiña Azul, o goberno decidiu solicitar para un centro de día, e despois de que Movemento Salceda se desmarcase da Alcaldesa nesta solicitude, o PP fixo público a necesidade de que aclarasen a situación, e dado que logo dun mes e medio a Alcaldesa segue sen aclarar cal é o destino final da única parcela existente a día de hoxe, os populares piden esta comparecencia para por luz e aclarar cal será o destino final que o bipartito quere para dita parcela.
O voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila e o seu Grupo, din que o único que pretenden é transparencia, aclaracións e que os salcedenses sepan como foi o proceso e as decisións, o motivo da discrepancia, cal vai ser o destino da parcela e como está a día do pleno todo ese proceso. A este respeto, ven de indicar que “seguimos a pensar o mesmo de fai semanas atrás, os salcedenses merecemos saber quen lidera e manda no goberno bipartito, logo da desautorización pública da exalcaldesa Dolores Castiñeira a actual alcaldesa. Un mes e medio desas declaracións e desmarque público, a sra. Alcaldesa non di nada, nin aclara nada, nin retifica nen desautoriza a tenente alcaldesa, polo que a ollos dos veciñ@s, a señora Tourón, queda sen autoridade sobre o que se supón é o seu propio goberno, polo que pedimos a súa comparecencia para que explique e aclare todo sobre este asunto”.
Pregúntase “Como se explica que a día de hoxe segan a solicitar un equipamento cando non teñen os terreos para poder executalo. Imaxinamos a cara de sorpresa dos funcionarios que recibiron duas peticións para equipamentos moi diferentes sobre unha mesma parcela e cun anteproxecto modificado apenas para dous fins distintos. Increíble pero certo!”.
Ademáis dende o PP sinalan que “seguimos mantendo esta pregunta, e que a día de hoxe seguen sen contestar, polo que a reiteramos: que pretenden facer sobre a única parcela que existe a día de hoxe o carón do centro de saúde, a galiña azul ou o centro de día? As nais e pais dos cativos e a nosa xente de idade, merecen sabelo, por respeto. Que o bipartito se aclare entre si, e no lo diga xa!”.
Engaden que “a lealdade dentro do goberno salcedense está en horas baixas, cada quen fai a súa “guerra” por libre, van uns por detrás dos outros a ver quen queda mellor cos colectivos e veciños, a ver quen resolve mellor, a ver quen entrega e se colga máis “medallas”, a ver quen o fai mellor, en resume, a ver quen é a “profe máis lista do colexio”. Isto é a consecuencia dun pacto de “amor – odio” polo único interese de non deixar gobernar o gañador das eleccións”.
O Grupo Popular sinala que “estas discrepancias e enfrentamentos do goberno, teñen consecuencias para os veciñ@s, para a eficacia da xestión municipal, para a utilización dos escasos recursos propios, para a imaxe e reputación da institución que representan, en definitiva, que se pasan o día véndose de reollo en vez de centrarse en resolver e mellorar a calidade dos servizos de deben prestar os salcedenses”.
Por último sinalan que “o noso Grupo defende e apoia as duas infraestruturas, tal e como o refrendaron os veciñ@s nas urnas no ano 2018. O PP de Salceda levava no seu programa electoral a Galiña Azul e o Centro de Día. Este último, o propúxamos na parcela da discrepancia entre o Psoe e MS. Hai que ser serios, decir a verdade e non tomar os cidadáns por parvos, polo que teñen que empezar a casa polo principio: primeiro ter o terreo para os dous equipamentos, e logo todo o demáis”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11