PROVINCIA
Convocada por primeira vez folga en Quirón Prevención
En Galicia están convocadas sendas concentracións en Vigo e A Coruña entre as 9 e as 11 horas fronte ás sedes da compañía
UGT, CCOO e CSIF inician actuacións conxuntas para reivindicar un convenio digno, a regulamentación do traballo a distancia e para denunciar as elevadas cargas de traballo que están a sufrir as persoas traballadoras de Quirón Prevención.
Por elo, hoxe, día 23 de xuño, as seccións sindicais de UGT, CCOO e CSIF en Quirón Prevención, principal operador do sector da prevención de riscos laborais e que pertence ao grupo Quirón Saúde, unha das maiores compañías de saúde privada en España, convocan paros parciais de dúas horas en todos os centros de traballo.
Ademais, están previstas concentracións, que en Galicia van ter lugar fronte ás sedes da compañía en Vigo (Arquitecto Pérez Bellas) e na Coruña (Avenida Finisterre), entre as 9 e as 11 horas.
UGT, CCOO e CSIF deciden tomar esta medida debido ao conflito xerado pola Dirección de Quirón Prevención coa súa postura inmobilista e de bloqueo, principalmente, en tres puntos básicos:
- Incremento salarial: as seccións sindicais de UGT, CCOO e CSIF reivindican unha subida que estea en equilibrio cos grandes beneficios obtidos pola empresa durante estes últimos anos. Cun convenio bloqueado dende hai ano e medio a empresa só ofrece unha subida do 3,5% acumulado nos catro anos de vixencia do futuro convenio, o que traería consigo unha perda de poder adquisitivo inasumible dada a evolución do IPC. Todo isto, mentres a empresa bate récords de beneficios ano tras ano.
- Teletraballo ou traballo a distancia: a Dirección non fai ningunha oferta de compensación de gastos para os que traballan dende o seu domicilio e impón límites de acceso a determinados colectivos, como o administrativo, informático e sanitario, sen que exista unha razón obxectiva para elo, téndose demostrado durante a pandemia que é viable.
- Finalmente, e como punto máis gravoso, os traballadores e traballadoras de Quirón Prevención están a sufrir unha excesiva carga de traballo en todas as áreas, o que nunha empresa adicada a previr os riscos laborais é inaceptable. Carecendo o persoal do tempo suficiente para prestar un servizo de calidade, o que repercute directamente nos traballadores e traballadoras usuarios deste servizo de prevención de riscos laborais.
UGT, CCOO e CSIF deixan claro que van utilizar todos os mecanismos de presión dos que dispoñen e que non van cesar ata que a Dirección da empresa mova ficha e garanta unhas condicións dignas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91