GALICIA
A Xunta colabora co comercio galego nunha nova campaña dos Días Azuis
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou a nova edición desta campaña, que se desenvolverá entre o 23 de xuño e o 17 de xullo
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación da nova edición de verán da campaña Días Azuis do Comercio Galego, organizada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio; coa colaboración de Abanca, así como das federacións provincias de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.
Trátase da novena edición desta coñecida iniciativa comercial, que contará este ano con outra convocatoria no mes de novembro. O obxectivo é impulsar e visibilizar o comercio de proximidade galego; poñendo en valor o seu importante papel económico e social e contribuír á súa dinamización e reactivación.
Para participar nesta campaña, que se desenvolverá entre o 23 de xuño e o 17 de xullo, os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que as rexistre o propio comerciante.
Durante este período, as persoas que merquen no pequeno comercio entrarán no sorteo de 64 tarxetas prepago de 150 e 250 euros para comprar en establecementos de proximidade
Entre todos os participantes sortearanse un total de 12.000 euros en 64 tarxetas prepago: 24 tarxetas de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos de proximidade ata o 30 de xuño do próximo ano. O sorteo realizarase ante notario o 21 de xullo.
Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, publicaranse na páxina web unha vez finalizada a campaña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217