GALICIA
A Xunta publica a orde para financiar a gratuidade nas escolas infantís privadas e de iniciativa social
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana o centro Meniños na localidade coruñesa de Teo
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou nunha visita á escola infantil Meniños de Teo, que as escolas infantís de titularidade privada e de iniciativa social xa poden solicitar fondos para aplicar a gratuidade. A Xunta de Galicia publicou onte no DOG a orde para financiar esta medida, cun investimento de máis de 41 millóns de euros.
Con esta orde auméntase nun 10% a contía que reciben os centros para que poidan facer fronte ao incremento de gastos. Ademais, anticiparase o 100% do crédito para o período de setembro a decembro e o 90% de xaneiro a agosto, co fin de facilitar a planificación do curso.
Esta medida da gratuidade deseñouse de xeito que as nais e pais non teñan que realizar ningún tipo de papelame a maiores, xa que todas as xestións realízanse entre a Xunta e a propia escola.
Aumentarase nun 10% a contía que reciben as escolas para que poidan facer fronte ao incremento dos gastos
Medida pioneira
Galicia é a primeira e única Comunidade Autónoma na que a educación infantil será totalmente gratuíta para todos os nenos e en todas as escolas infantís, tanto se as familias escollen unha pública da Xunta, como unha municipal, unha de iniciativa ou unha privada. Na actualidade, xa se benefician desta gratuidade os segundos fillos e seguintes e, a co inicio do novo curso 2022-2023 amplíase aos primeiros fillos.
O número de familias que se beneficiarán da extensión da gratuidade da atención educativa a todos os nenos de 0 a 3 anos estímase en 30.000. Isto suporá un aforro medio que xirará sobre os 1500 e os 2000 euros por neno ao ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217