GALICIA
A Xunta presenta no País Vasco as claves da súa futura Lei do clima
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou nunha xornada de intercambio de experiencias na Universidade de Deusto
A Xunta presentou hoxe no País Vasco as principais liñas da súa futura Lei do clima, clave para acadar unha Galicia neutra en emisións en 2050. Durante a II Xornada de intercambio de experiencias: acción climática e enerxética a nivel autonómico, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, puxo en valor o modelo galego para avanzar na senda da redución das emisións, tal e como marca a Unión Europea, que establece unha diminución do 55% con respecto a 1990.
Durante o encontro celebrado na Universidade de Deusto, a directora xeral salientou que esta nova lei permitirá consolidar a acción climática como unha prioridade transversal, polo que todas as medidas de mitigación e adaptación ao cambio climático serán vinculantes para o resto das políticas públicas galegas. Establecerá, polo tanto, unha nova orde de prioridades na política, na economía, na industria e na vida cotiá, na liña do nivel de preocupación internacional neste eido.
Esta nova normativa permitirá consolidar a acción climática como unha prioridade transversal, polo que todas as medidas de mitigación e adaptación ao cambio climático serán vinculantes para o resto das políticas públicas da Comunidade
Galicia xa leva tempo traballando para garantir o equilibrio entre a preservación dos recursos e o desenvolvemento económico sostible. É xa a terceira comunidade que máis diminuíu as súas emisións con case un 36% respecto do nivel de 1990, o que supón máis de 30 puntos porcentuais de diferencia co nivel de emisións do conxunto do Estado.
A maiores, na liña de sumar esforzos nesta estratexia, a Xunta impulsou recentemente a Alianza galega polo clima, unha iniciativa no marco da cal se identificarán os factores que obstaculizan a acción contra o cambio climático e se fixarán e consensuarán as propostas para resolvelos. Esta medida vén a sumarse á labor coordinadora que realiza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no Pacto das Alcaldías, que conta xa con 285 concellos adheridos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217