Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 28 de Junio de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño contará con representación no mundial de policías e bombeiros

O axente da Policía Local do Porriño, Javier Rodríguez, participará na modalidade de ciclismo co patrocinio do Concello do Porriño

O axente de policía local Francisco Javier Rodríguez representará ao Porriño nos mundiais de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Rotterdam (Países Baixos) entre os días 22 e 30 de xullo.

 

Javier loitará polo podio nas probas de ciclismo, na que participarán 560 deportistas de máis de 80 países. O axente é un veterano neste evento no que compite dende o ano 2003 colleitando un importante palmarés. No seu haber, catro medallas de ouro, tres de prata e dúas de bronce.

 

“É unha honra para este Concello que alguén como Javier, coa súa traxectoria deportiva, leve o noso nome polo mundo”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Por iso colaboraremos sempre con el e terá o noso apoio. Deséxolle moitísima sorte aínda que estou seguro que á súa volta celebraremos un novo éxito. Para Javier e para todo o O Porriño”.

 

Os campionatos do Mundo de Policías e Bombeiros regresan este ano tras o parón pola pandemia en el participarán uns 15.000 deportistas de 60 modalidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.