MOS
Mos optimiza a seguridade no seu viario municipal con 17 asfaltados
Neste momento atópanse en marcha traballos de reposición de firmes nas parroquias de Mos, Louredo e Torroso. Alcaldesa e tenente alcalde visitaron as obras nos camiños de Regadas e Daniel Alonso
“O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local”, así o explicaban esta semana a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, durante as visitas de supervisión das obras de asfaltado que realizaron nos camiños de Daniel Alonso en Peinador, parroquia de Torroso, e Regadas, parroquia de Mos.
O Plan a executar durante o presente ano 2022 xa está en marcha e iniciadas as obras de mellora da pavimentación en varias parroquias. Concretamente os traballos comezaron polas parroquias de Mos, Louredo e Torroso.
Para levar a cabo este Plan anual, o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros.
O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellorará a seguridade viaria, mediante a reposición do firme, en 17 camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven estes 17 novos asfaltados no termo municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184