GALICIA
Rueda avanza a ampliación da contía máxima do bono de alugueiro social
O Consello autorizou esta semana a resolución que permitirá mobilizar case 15 M€ a través deste programa para atender a familias con poucos recursos nos vindeiros 5 anos
O presidente da Xunta avanzou a ampliación ata os 660 euros ao mes da contía máxima do Bono de alugueiro social, dirixido a apoiar aos colectivos máis vulnerables no mantemento da súa vivenda habitual e grazas ao cal o Goberno galego seguirá asumindo o 100% do arrendamento das persoas beneficiaras. O importe límite estaba fixado ata o de agora en 540 euros.
A este respecto incidiu en que esta é unha das principais novidades recollidas na resolución autorizada esta mañá polo Consello, na que se establecen as bases reguladoras destas axudas e se prevé, por primeira vez, a posibilidade de incrementar nun 20% o importe máximo da renda de alugueiro, e polo tanto, do bono, cando a unidade de convivencia do solicitante estea composta por 5 ou máis persoas. Tamén se aplicará esta mesma porcentaxe se un dos membros da unidade familiar precisa dunha vivenda adaptada.
Cun orzamento inicial de 11,2 millóns de euros para todo o período, a nova convocatoria do Bono de alugueiro social farase de forma continuada e permanente ata o 31 de decembro do ano 2026 ou ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, destinaranse 3,7 millóns de euros ás prórrogas de concesións anteriores para garantir e atender a estes beneficiarios nas mesmas condicións que fixa o novo programa. Deste xeito, a Xunta mobilizará a través do Bono de alugueiro social case 15 millóns de euros para atender as necesidades residenciais de familias galegas vulnerables durante os vindeiros 5 anos.
“O bono alugueiro social, que axudou a 2.000 familias desde 2015, vai dirixido a grupos vulnerables como persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, poboación sen fogar ou vítimas de violencia de xénero”, dixo.
Co fin de paliar este tipo de situacións, os beneficiarios terán dereito a recibir unha prestación equivalente á totalidade da renda que figure no seu contrato de alugueiro, sempre que esta non supere a contía límite establecida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para cada área xeográfica.
Deste xeito, nas 7 grandes cidades o importe a pagar será de, como máximo, 550 euros ao mes; nos concellos de tamaño medio e localizados en contornas urbanas, estará fixado en 500 euros; e no resto de municipios, o límite será de 425 euros.
Sinala que o bono vai dirixido a atender a afectados por demandas de desafiuzamento ou de execución hipotecaria da súa vivenda habitual, vítimas de violencia de xénero ou de trata ou situacións de emerxencia social, entre outros
En todo caso, como xa se indicou, estas contías incrementaranse nun 20% cando a unidade de convivencia do beneficiario necesite dispoñer dunha vivenda adaptada ou estea integrada por 5 ou máis membros. Nestes supostos, polo tanto, o importe da axuda poderá chegar ata os 660, 600 ou 510 euros respectivamente e segundo a zona.
Para poder acceder a estes incentivos, os solicitantes deberán acreditar que os ingresos da unidade de convivencia son inferiores a 1,5 veces o Iprem ponderado —12.159.42 euros—. Esta contía irá incrementándose en función do número de membros da familia e doutras circunstancias particulares, ata acadar, como máximo, os 20.265,7 euros anuais.
Ademais, os perceptores desta prestación tamén poderán recibir unha axuda complementaria de ata 600 euros destinada a pagar os gastos asociados á constitución dun novo contrato de alugamento —fianza, alta de subministros, etc.— ou ben no caso de permanecer na vivenda obxecto de desafiuzamento, a atender as cantidades pendentes que motivaron o inicio do procedemento.
O Bono de alugueiro social, que tras recibir hoxe a autorización do Consello da Xunta sairá convocado en xullo, concederase por un período de 12 meses consecutivos, aínda que poderán pedirse ata 4 prórrogas. Deste xeito, os beneficiarios terán dereito a percibir esta axuda ao alugueiro durante un total de 5 anos, como máximo.
Un dos 7 programas do Plan para o acceso á vivenda 2022-2025
Cómpre subliñar que a nova convocatoria do Bono de alugueiro social farase con cargo ao Plan para o acceso á vivenda 2022-2025, un conxunto de medidas e axudas en materia residencial a desenvolver nos vindeiros 4 anos e que conta cunha dotación orzamentaria de 106 millóns de euros, con cofinanciamento estatal e autonómico.
Ademais e por primeira vez desde a súa posta en marcha, o bono configúrase como unha prestación de carácter asistencial, polo que os beneficiarios non terán que acreditar estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social ou con Facenda.
Tanto os 7 programas que xestionará IGVS no marco do Plan 2022-2025, aprobado no Consello da Xunta da pasada semana, como o novo Bono alugueiro mocidade, cuxa convocatoria foi autorizada tamén hoxe, virán completar o amplo abano de axudas, incentivos e liñas de financiamento que o Goberno galego porá á disposición de particulares, comunidades de veciños, concellos e promotores en 2022 grazas a fondos propios e tamén ao diñeiro procedente da UE a través do programa Next Generation.
De feito, este ano está previsto que o Goberno galego xestione ao redor dunha trintena de programas cun orzamento global de case 180 millóns de euros para apoiar diferentes tipos de intervencións no eido residencial así como outras actuacións directas do IGVS —máis alá dos investimentos en marcha para construír novas vivendas de promoción pública—, que teñan como fin incrementar o actual parque público residencial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217