MUNDO EMPRESA
Alertan dos riscos físicos e psicosociais da hiperconectividade ao smartphone no eido laboral
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) impartiu un webinario sobre o uso saudable do teléfono móbil no que tomaron parte máis de 100 persoas
O uso saudable do teléfono móbil intelixente ou smartphone centrou esta semana a última das xornadas técnicas que en formato webinario estivo a desenvolver o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) durante este primeiro semestre. O curso de hoxe, no que participaron 109 persoas, afondou na necesidade de implantar hábitos de traballo que minimicen os riscos do emprego dos dispositivos portátiles, tanto na circulación viaria, na ergonomía e psicosocoloxía e en termos de saúde.
Durante o webinario, o Issga presentou a campaña Emprego de dispositivos electrónicos portátiles, coa que se quere incidir na prevención dos danos físicos e psicolóxicos asociados ao emprego do smartphone como instrumento de traballo, así como evitar as consecuencias, mesmo aditivas, da hiperconectividade.
A utilización continuada do celular incrementa a exposición a riscos adicionais, tanto a nivel físico como psicolóxico, apunta o Issga, que defende que, como calquera equipo de traballo, debe incluírse na avaliación para establecer as oportunas medidas de prevención.
Evitar circular en vehículos ou a pé usando o dispositivo, adoptar medidas ergonómicas no seu manexo ou pactar coa empresa os tempos de desconexión son algunhas das claves apuntadas polos técnicos
Así, o Issga considera que o mellor hábito, tanto para a circulación en vehículo ou a pé polas rúas, é o de non utilizar o móbil -tampouco os sistemas de mans libres como a mensaxería ditada- xa que diminúen a capacidade de concentración e, polo tanto, incrementan o perigo de padecer accidentes e, no seu caso, atropelos.
Cómpre, por outra banda, tal e como apuntaron os técnicos do Issga na xornada de hoxe, facer un uso “racional e controlado” dos dispositivos. No eido da ergonomía, aconsellan colocar o móbil á altura dos ollos e manter unha postura física neutra, cos pés apoiados, as costas rectas e soporte lumbar. O feito de que as pantallas dos celulares sexan máis pequenas, fai aconsellable, indicaron os relatores, adaptar a luz ambiental. Tamén manexar o aparello coas dúas mans, evitar dobrar excesivamente a boneca ou empregar micrófonos ou auriculares, evitarán molestias físicas.
Un dos propósitos que se marca a Xunta con esta iniciativa é o de evitar a falsa sensación de que estar localizable ás 24 horas do día fai que as persoas sexan máis produtivas, pola prolongación das xornadas de traballo. Os técnicos alertan, nesta liña, de problemas de fatiga e ansiedade, que poden chegar afectar á vida persoal e social. Para evitalos, propoñen planificar os tempos, as cargas de traballo asumidas, e o acordo, coa empresa, das horas e formas máis axeitadas de aplicar a desconexión.
O Issga quere facer un chamamento a que desde o punto de vista preventivo se avance no desenvolvemento lexislativo e investigador sobre as consecuencias do emprego destes equipos portátiles de traballo na saúde das persoas, en especial das traballadoras e traballadores, a curto, medio e largo prazo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218