GALICIA
A Xunta apoia o proxecto ‘Tu Historia de Verdad Importa’
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no acto
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu está mañá ao acto de presentación dos traballos de Tu Historia de Verdad Importa, iniciativa das fundacións Lo que de verdad importa e María José Jove. Trátase de textos escritos por mozas e mozos voluntarios nos que relatan a vida de persoas maiores.
Tu Historia de Verdad Importa é un proxecto no que mocidade voluntaria acompaña e escoita a persoas maiores co propósito de recoller tanto as súas vivencias como os seus valores e plasmalos nun libro. Esta mañá os maiores recibiron estes escritos co fin de que os compartan en familia.
Son textos escritos por mozas e mozos voluntarios nos que relatan as vivencias de persoas maiores
Cristina Pichel puxo en valor esta iniciativa de carácter interxeracional, coa que os voluntarios se enriquecen e aprenden das experiencias dos maiores. Desta maneira, as rapazas e rapaces convértense en narradores mentres que os maiores son os protagonistas. Así mesmo, apuntou que con este proxecto se facilita o intercambio de experiencias e a creación de vínculos entre xeracións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217