GALICIA
A Xunta apoia con 2,75m€ o labor dos centros comerciais abertos e federacións
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ten abertos ata o 27 de xullo dous programas para este tipo de asociacións, que poderán financiar así diferentes iniciativas de promoción e dinamización comercial
A Xunta de Galicia apoia con 2,75 millóns de euros o labor dos centros comerciais abertos (CCAs) e das federacións e asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal no impulso ao comercio de proximidade galego, a través de dous programas de axudas cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de xullo.
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo recentemente unha reunión con representantes dos centros comerciais abertos para trasladarlles as novidades deste programa e presentarlles un novo entorno dixital que a Administración autonómica pon á súa disposición. Esta nova intranet permitirá optimizar a xestión destas entidades, ao tempo que facilitará melloras nos plans de axuda ofrecidos ao sector, ao contar con datos máis precisos sobre o seu día a día.
Tal e como apuntou Heredia, por primeira vez ponse en marcha unha liña en exclusiva para os centros comerciais abertos, o que permitirá que estes teñan arredor dun 20% máis de orzamento ao seu dispór, en total 2.25 millóns de euros. As asociacións de praceiros, que ata o de agora accedían á mesma convocatoria de apoios, contarán este ano cun programa específico.
Por primeira vez ponse en marcha unha liña en exclusiva para os centros comerciais abertos, o que permitirá que teñan arredor dun 20% máis de orzamento ao seu dispór
Os CCAs contarán con axudas de ata 52.000 euros, en función do número de comercios asociados, apoiando así ás asociacións que atraen un maior número de negocios. Entre as actuacións subvencionables atópanse o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial.
Por outra banda, o programa destinado ás asociacións de ámbito superior ao municipal e federacións conta cun orzamento de 500.000 euros. Entre as actuacións subvencionables atópanse as campañas e eventos de promoción e dinamización comercial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217