GALICIA
O 112 Galicia serve de referente para a creación das novas instalacións do 112 Valencia
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mostrou as instalacións e dotacións tecnolóxicas do CIAE 112 Galicia a técnicos de seguridade e infraestruturas do organismo homólogo da Generalitat valenciana
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia convértese nun referente para a creación das novas instalacións que acollerán o servizo de atención ás chamadas de emerxencia da Comunitat valenciana. Así o puxeron de manifesto os técnicos de seguridade e infraestruturas da Agència de Seguretat I Emergències da Generalitat Valenciana, que esta semana coñeceron as instalacións e dotacións tecnolóxicas do CIAE 112 Galicia situado na Estrada.
Así, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, mostrou á delegación valenciana o grao de desenvolvemento e actualización da plataforma tecnolóxica, que sustenta e dá cobertura a unha media diaria de 2.300 chamadas, como ocorreu no ano 2021.
A delegación valenciana valorou a capacidade, deseño e versatilidade do centro galego, que identificou como un dos máis modernos de España
Tamén percorreron os distintos espazos onde se desenvolven estas tarefas, que cobraron un interese especial para os técnicos valencianos, pois enxalzaron o deseño e creación dun edificio apoiado en catro pilares fundamentais, como son a versatilidade, a operatividade, a potencia tecnolóxica e a capacidade integradora.
Deste xeito, os técnicos da Agència de Seguretat I Emergències da Generalitat Valenciana identificaron o centro galego como un dos máis modernos de España, de aí a súa inclinación por coñecer de primeira man as instalacións galegas, que dan resposta a unha media diaria de 630 incidencias.
Por último, os técnicos valencianos achegáronse ao hangar do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias para revisar os recursos cos que conta a AXEGA para a intervención en grandes emerxencias, e que supoñen o reforzo necesario para facer fronte ás esixencias dunha situación crítica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217