O PORRIÑO
12.000 euros en premios para animar o verán no comercio porriñés
A presidenta de ACIPOR, Juana Pérez; o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias; o seu homólogo na Federación Galega de Comercio, José María Seijas; xunto co alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo; e o director de oficina de Porriño de ABANCA, Jorge Luis García González, entre outros; presentaron no Porriño a edición de verán 2022 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”.
Trátase da novena edición desta coñecida iniciativa comercial, que contará este ano con outra nova convocatoria no mes de novembro. O obxectivo é potenciar, fomentar, estimular e impulsar o comercio de proximidade; poñendo en valor o seu importante papel económico e social e contribuir á súa dinamización e recuperación tras a crise provocada pola pandemia Covid 19 e “máis recentemente polo contexto internacional, cuns sobrecustos e niveis inflacionistas que están lastrando en gran medida a recuperación do sector”, segundo explicou José María Seijas.
Deste xeito, esta campaña “quere como sempre tinguir de azul, de verán, de cor e desa necesaria alegría, os comercios, as rúas, as vilas e cidades, para que os consumidores nos visiten, merquen e, ademáis, gañen”, engadiu Seijas.
Esta edición de verán de Días Azuis do Comercio Galego desenrolarase entre o 23 de xuño e o 17 de xullo, coa colaboración dos establecementos de Porriño. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 12.000 euros, repartidos nun total de 64 tarxetas prepago regalo, de 250 e de 150 euros. Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com.
“Días Azuis do comercio galego” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Industria e Innovación. Conta coa colaboración de ABANCA, entidade que aporta os premios; así como neste caso da Federación de Comercio de Pontevedra e da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño – ACIPOR.
Na presentación da campaña, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, suliñou que esta iniciativa ten sempre unha grande demanda e aceptación tanto por parte do sector como dos consumidores, e que “é o punto de partida dun amplo programa de actuacións de promoción, dixitalización, formación e dinamización que se realizará ao longo do ano para garantir a competitividade do sector, e alentar a que o consumidor reactive o seu consumo e que éste se faga nos establecementos de proximidade”.
Ademais, remarcou a implicación e a colaboración entre as tres entidades – Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia e ABANCA - para realizar os “Días Azuis do Comercio Galego”, así como as outras actividades que se están a plantexar en pro da dinamización e competitividade do sector.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11