VIGO
O Premio de Deseño Anfaco para fomentar o consumo das conservas do mar
A delegada territorial de Xunta en Vigo participou na entrega do galardón aos creadores Pablo Fernández e Alberto Guerrero
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na entrega do IV Premio de Deseño Anfaco – Fundación Banco Sabadell aos creadores estremeños Pablo Fernández e Alberto Guerrero. A representante autonómica puxo en valor hoxe en Vigo esta iniciativa como unha maneira de impulsar o consumo das conservas do mar, promover as súas altas propiedades nutritivas e, á súa vez, enxalzar o talento da mocidade.
Fernández-Tapias fixo fincapé no peso que ten a industria conserveira galega, que mantén o seu liderado nos primeiros postos do mercado europeo e mundial, que continúa abrindo novos mercados e segue espertando interese de novas inversións e amosou o compromiso de Galicia co sector para que “a través da innovación, a calidade e a materia prima siga traballando nesta liña de progresión”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175