A GUARDA
Luis López entrega as bandeiras azuis de catro praias aos concellos da Illa de Arousa e da Guarda
O delegado territorial recibiu no edificio da Xunta en Pontevedra ao alcalde arousán, Carlos Iglesias, e a un funcionario guardés para darlles estas distincións
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, entregou a semana pasada as bandeiras azuis de catro praias aos concellos da Illa de Arousa e da Guarda nun acto celebrado no edificio administrativo de Pontevedra.
O representante autonómico recibiu ao alcalde arousán, Carlos Iglesias, e a un funcionario guardés para darlles estas distincións e que as coloquen nos respectivos areais ante o comezo da tempada central do verán. Deste xeito, complétase a entrega na provincia despois de que a semana pasada o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidira o acto xeral na praia de Loira, no Concello de Marín.
Estas bandeiras ondearán nos areais do Bao e de Area de Secada na Illa de Arousa e nos de Area Grande e O Muíño no municipio costeiro do Baixo Miño
As bandeiras entregadas hoxe ondearán nos areais do Bao e Area de Secada na Illa de Arousa e nos de Area Grande e O Muíño, pertencentes ao municipio costeiro do Baixo Miño.
A provincia de Pontevedra conta para este verán cun total de 57 símbolos de calidade nas súas praias distribuidos nunha ducia de concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149