Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Jueves, 07 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán inicia a tempada estival nas praias con cobertura de socorristas

Por vez primeira en máis de cinco anos a Mancomunidade acadou 23 socorristas na primeira proba de selección, o que xa garante a cobertura dos areais en Baiona e Nigrán ata o 31 de agosto. Igualmente, aprobará outra convocatoria de 8 prazas máis ata acadar os 30

O Concello de Nigrán iniciou o pasado 1 de Xullo a tempada estival nas súas praias con total cobertura de socorristas despois de anos con dificultades en toda Galicia por falta de profesionais. O Concello recolle deste modo os froitos de ter ofrecido gratuítamente desde 2020 tres cursos para que veciños desempregados obtivesen este certificado de profesionalidade obrigatorio para traballar nas praias. Así, na primeira convocatoria da semana pasada realizada desde a Mancomunidade do Val Miñor superaron as probas os 23 presentados (número xa suficiente para ofrecer o servizo con todas as garantías en Nigrán e Baiona) e a vindeira semana se realizará outra nova de cara a sumar outros 8 profesionais que permitan organizar mellor as quendas de descansos. Esta segunda selección permitirá, ao mesmo tempo, que opten a ela os veciños de Nigrán que están rematando outro dos cursos gratuítos do Concello. 

 

 

 

 

"Levamos xa dous anos ofrecendo desde o Concello o certificado de profesionalidade de socorristas e aquí están os resultados, por primeira vez en moito tempo non temos problema para cubrir os postos", explica o alcalde, Juan González

 

 

 

 

Así, desde o 1 de Xullo ata mínimo o 30 de agosto (se a climatoloxía é favorable se ampliará ata o 15 de setembro) Praia América contará con 3 postos de socorrismo repartidos entre Lourido- zona central e Panxón, e Patos un posto. Estes estarán opertativos de 12:30 a 20:00 horas e atendidos como mínimo por 2 socorristas e 2 voluntarios de Protección Civil.

 

"Anualmente se repetía o problema de falta de socorristas en toda Galicia coa titulación requirida, polo que ofrecer este curso gratuíto desde o Concello foi un acerto para garantir a calidade asistencial nas nosas praias e, eo mesmo tempo, para favorecer a empregabilidade da xente nova de Nigrán", explica o alcalde, Juan González. “Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, ese era o motivo polo que había escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias", engade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.