VIGO
Galicia promove a través do programa ‘Veráns de Lecerconsumo’ o consumo responsable
A iniciativa, desenvolvida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), propón actividades lúdicas para nenos e nenas de 3 anos en diante
O programa de actividades Veráns de Lecerconsumo, orientado especificamente para a tempada estival, volve cunha proposta de diferentes actividades orientadas a achegar aos participantes a importancia de realizar un consumo responsable e sostible.
A iniciativa, desenvolvida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) dependente de Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e que en pasadas edicións contou con máis de 2000 participantes, porase en marcha en campamentos urbanos e outras iniciativas de ocio que se desenvolvan durante os meses de xullo e agosto.
Propón unha colección de actividades para diferentes grupos de idade, adaptando a súa oferta ás necesidades de cada colectivo participante. Así, os nenos de 3 a 6 anos poderán asistir ao taller Xogueteando: Un lecer diferente!, que consistirá na narración dun conto animado co obxectivo de promover un lecer activo, no que os nenos e nenas fabricarán os seus propios xoguetes. No caso dos participantes de 7 a 12 anos de idade, realizarán unha xincana na que traballarán na importancia da reutilización, a reciclaxe, e na redución dos residuos, para rematar deseñando o seu propio cartel de consumo responsable e sostible.
O obxectivo é aproximar a poboación aos valores do consumo responsable a través de talleres, xogos e charlas
Por outra banda, as actividades para mozos e mozas de 13 e 14 anos teñen como obxectivo darlles a coñecer a publicidade e como esta inflúe nos hábitos de compra das persoas, invitando a que creen o seu propio anuncio publicitario. Os participantes de 15 a 17 anos reflexionarán sobre o consumo na rede, os seus riscos e perigos e as súas vantaxes, afondando no coñecemento dos seus dereitos como persoas consumidoras.
Finalmente, a oferta de actividades compleméntase coa posibilidade de desenvolver encontros participativos, abertos e dinámicos onde os asistentes poderán expoñer as súas dúbidas e reflexións sobre o ámbito do consumo.
A iniciativa vén a complementar o conxunto de actividades formativas e divulgativas postas a disposición da cidadanía polo IGCC. Así, no que vai de ano, téñense desenvolvido máis de 70 accións formativas ás que asistiron máis de mil persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175