O PORRIÑO
O Consorcio de Augas do Louro rebaixa o prezo por baleirado de fosas sépticas
O importe a aboar pasa de 100 a 40 euros tras modificar a Ordenanza Reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de pozos negros e fosas sépticas
O Comité Directivo do Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de pozos negros e fosas sépticas, e o posterior traslado dos residuos ás instalacións da EDAR de Guillarei. Esta modificación permite rebaixar o prezo que a veciñanza que non dispón de conexión á rede pública de saneamento ten que pagar polo baleirado da fosa séptica.
Ata o de agora o prezo a aboar era de 100 euros, reducíndose agora a 40 euros mais IVE por cuba de 5 m3 ou fracción e por cada 90 minutos ou fracción. Tamén se rebaixa a limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros a 40 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11