Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Jueves, 14 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán mellora a súa atención ao peregrino cunha oficina específica

Ante o novo auxe do Camiño Portugués pola Costa tras o parón da Covid, o Concello dispuxo dun punto de información na Alameda de San Campio, lugar de entrada dos peregrinos a Nigrán

O Concello de Nigrán da un paso máis para mellorar a atención ao peregrino instalando un punto de información específico na Alameda de San Campio (A Ramallosa), porta de entrada dos camiñantes ao municipio. O goberno local tomou a decisión ante a constatación da recuperación e auxe do Camiño Portugués pola Costa tras o parón da Covid-19. Así, recuperou a caseta coa que xa contaba nesta zona e sinalizou a súa ubicación desde a ponte Romana (a escasos metros, a infraestrutura divide Baiona de Nigrán).

 

"Notabamos que ao cruzar a ponte romana estaban algo perdidos e ademais, desde aquí poden elixir a variante litoral ou a oficial", explica o alcalde, Juan González, quen engade que desde este punto se lles facilita mapas, folletos e guías, ademais de asesoramente sobre as dúas opcións que poden realizar ao seu paso por Nigrán (a variante litorial que vai aos pés de Praia América-Lourido e Patos) ou a Oficial (por San Pedro, Nigrán e Priegue ata Saiáns). A oficina está aberta de luns a sábados de 8:00 a 13:00 horas, coincidindo co 90% dos camiñantes, xa que a ampla maioría comeza o Camiño pola mañá cedo.

 

 

 

 

Está aberta de luns a sábado de 8:00 a 13:00 horas, tendo en conta o horario da maioría dos camiñantes. "Notábamos que ao cruzar a ponte romana estaban algo perdidos porque ademais, desde aquí poden elixir a variante litoral ou a oficial", explica o alcalde, Juan González

 

 

 

 

Igualmente, o Concello repartirá entre sectores como taxis, hospedería e hostalaría, folletos informativos sobre o Camiño. "O peregrino que para a comer ou tomar un café ou que ve un taxi soe aproveitar para preguntar, por iso estes propios sectores consideraron conviente dispor de material informativo", sinala González, quen recorda que o Concello ven de ofrecer precisamente un curso gratuíto de inglés para o sector hostaleiro pensando neste auxe de visitantes estranxeiros. "Queremos que a experiencia do Camiño en Nigrán resulte do máis agradable e atenta posible e que rematen a etapa polo municipio desexando regresar, e para iso temos que ofrecer unha atención de calidade", explica o rexedor, quen destaca o revusivo económico que supón.

 

As cifras de peregrinos neste ano polo Camiño Portugués da Costa apuntan á que superarán ás de 2019 con máis de 22.000 camiñantes (ano record ata agora) constatándose entre abril e maio de 2022 un total de 4.633 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.