Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Lunes, 11 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PSdeG convoca ao Comité Provincial para o proceso de Primarias

David Regades anuncia que os “datos científicos” revelan a posibilidade de gañar 6 novas alcaldías e de lograr tres deputados/as provinciais máis, garantindo a maioría absoluta na Deputación

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra pisa o acelerador de cara ás Eleccións Municipais de maio de 2023. A Executiva Provincial, presidida por David Regades, celebrou hoxe a súa xuntanza nos xardíns da UNED de Pontevedra onde tomou o acordo de convocar ao Comité Provincial para o próximo día 20 cunha sesión a celebrar no  novo Auditorio do Grove. Ao Comité Provincial, máximo órgano entre congresos, correspóndelle a aprobación do calendario electoral interno.


Regades anticipou que proporá ao Comité Provincial que o proceso de Primarias nos concellos onde haxa máis dun candidato/a se celebre despois do verán, co obxectivo de que o liderado de tódalas candidaturas municipais estea pechado antes do remate do ano. “Como facemos sempre dende o Partido Socialista será, con democracia interna, con transparencia, con debate de ideas e proxectos”. “A militancia de cada agrupación terá a palabra e o voto”.


O secretario xeral trasladou unha mensaxe optimista e recalcou que tódolos datos científicos dos que dispón a dirección provincial a través de traballos demoscópicos apuntan a un crecemento da forza que xa ostenta a hexemonía nesta provincia, gobernando a 600.000 das 900.000 persoas dende as 22 Alcaldías socialistas, “mentres o PP só pode dicir que goberna a pouco máis de 200.000 persoas”. Os datos, subliña Regades, vaticinan que hai razóns para seguir traballando duro para facer posible o crecemento do PSdeG-PSOE en media ducia de concellos situados nas comarcas de Pontevedra, Baixo Miño, Louriña, Arousa e Deza. En todos eles, a Alcaldía “está a tiro”, afirmou. A Executiva Provincial de hoxe foi informada, ademais, das opcións para crecer cun novo deputado/a nos partidos xudiciais de Arousa, Pontevedra e Vigo. Regades lembrou que nas últimas Municipais os/as socialistas alcanzaron 13 deputados/as, a pouco máis de 500 votos da maioría absoluta na Deputación. “Agora hai indicadores que nos dan a maioría absoluta na Deputación”. Un obxectivo, engadiu, crucial, porque esta provincia non pode permitirse prescindir das políticas avanzadas que a Deputación desprega dende 2015, non só facendo posible a execución de máis de 500 obras ao ano en tódolos concellos, con financiamento regrado, senón despregando políticas progresistas e obrigando, tamén aos concellos do PP, a avanzar na garantía dos dereitos e servizos para a cidadanía.


David Regades abordou tamén o “caos” dun Partido Popular “que segue berrando a súa desesperación por ter perdido a Deputación e que non ten reparo en recompoñer a súa Dirección provincial colocando como secretaria xeral á ex-alcaldesa de Moraña que, se se librou dunha condena xudicial polas súas malas prácticas dende a Alcaldía, man a man con Rafael Louzán, foi por un afortunado defecto de forma ao ter recibido fóra de prazo a notificación de imputada”.


“A provincia de Pontevedra é hoxe modelo de modernidade gracias ao Goberno provincial que preside Carmela Silva e gracias ao talento dos alcaldes e alcaldesas e dos tenentes de alcalde e de alcaldesa socialistas que, día tras día, traballan con dedicación por mellorar a vida da veciñanza e iso vaise valorar nas urnas”, concluíu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.