Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 21 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

San Martín de Tameiga celebra o seu Día do Socio con concerto estrela de María do Ceo

A xuntanza celebrarase o 23 de xullo durante todo o día en Costoias

[Img #76759]A Asociación Cultural San Martín de Tameiga oraniza o seu Día d@ Soci@ o sábado 23 de xullo en Costoias.

 

Tratarase dun encontro moi especial no que o público poderá gozar desde exposicións ata demostracións deportivas e musicais, maxia, teatro, un bo xantar e actuación estrela da fadista portuguesa María do Ceo.

 

A partir das 10.30 horas da mañá haberá exposicións de pintura, coiro, das Palilleiras de Mos e demostracións de Zumba e pandereteiras. A mañá estará amenizada musicalmente a cargo da “Charanga Os Charamujas”.

 

Ás 14:00h celebrarase o xantar veciñal e, tras el, o “Mago Marco” ás 17:00h, e ás 18:00h, Teatro: “QUE2”.

 

A parte máis solemne da xornada chegará ás 19:30h cunha merecida homenaxe aos presidentes anteriores da Asociación Cultural San Martín de Tameiga.

 

Cara ao final da tarde, ás 21:30h, chegará o concerto de “María do Ceo – A Fadista”. Trátase da actuación estrela do día. Unha artista luso/galaica que dará un concerto de Fado e canción Galega no que achegará a todo o público asistente os vínculos coa Lusofonía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.