MOS
A piques de contratarse a senda peonil desde o Centro Cultural de Guizán ao Cruce do Moreno
Trátase da segunda fase da humanización da Estrada Louriñó-Sobráns
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a edil da parroquia de Guizán, Julia Loureiro, informaron de que próximamente será levado a aprobación en Xunta de Goberno o inicio do expediente de contratación da obra de continuación da humanización de Guizán no tramo Sobráns-Louriñó.
As beirarrúas de Sobráns a Louriñó son a continuación do trazado de beirarrúas para mellora da mobilidade peonil na estrada Louriñó-Sobráns. A actuación desenvolverase ao longo de 2 quilómetros, partindo desde o Centro Cultural de Guizán cara ao cruzamento coa Estrada Puxeiros-Mos. O proxecto xera un espazo de tránsito seguro nunha estrada na que existe un elevado número de vivendas.
Trátase dun proxecto de execución dunha nova beirarrúa desde o Centro Cultural de Guizán ata o chamado Cruce do Moreno (parroquia de Torroso), que será financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O presente proxecto ten como obxectivo a execución das obras e actuacións necesarias para xerar novos intinerarios peonís, aplicando criterios de mellora da seguridade vial, mobilidade sostible e posta en valor do patrimonio cultural.
A actuación proxectada está motivada principalmente pola necesidade de creación dun itinerario peonil eguro nun percorrido con alta presenza de usuarios debido ó seu papel de conexión de equipamentos sociais, culturais e relixiosos.
Neste sentido, a actuación se plantexa como un itinerario seguro e accesible con distintas zonas que distribúen e organizan o seu marcado carácter lonxitudinal.
O criterio principal de deseño é optar pola xeración de espazos de coexistencia, con preferencia peonil naqueles lugares onde as características espaciais da estrada o fagan posible.
Buscando mediante a unificación dos pavimentos unha redución de velocidade por parte dos vehículos que garanta a seguridade dos viandantes.
A beirarrúa discorrerá pola marxe esquerda e dereita, adaptándose aos condicionantespresentes no seu trazado, polo que será necesario ampliar a plataforma actual nalgúnstramos, tomando como criterio a conservación de todos os elementos construídos existentes. A beirarrúa contará con vados de acceso ás parcelas.
O orzamento base de licitación con IVE desta obra ascende a 657.456,66 euros.
Deste xeito desde o Concello de Mos séguense a dar pasos no Plan Mos Humanizado, que se iniciou na pasada lexislatura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184